Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN NOVOS CURSOS DO PROGRAMA CEMIT
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN NOVOS CURSOS DO PROGRAMA CEMIT
As sesións, tal e como apuntou a concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, desenvolveranse entre os meses de febreiro e xuño na Aula Cemit de Xuvia e en locais sociais da zona rural
Narón, 19 de xaneiro de 2019. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en cinco cursos do programa Cemit que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño na Aula Cemit de Xuvia. A edil naronesa recalcou que as persoas interesadas en anotarse nos programados nas instalacións da zona urbana deben facelo a través da rede Cemit, no enlace: https://cemit.xunta.gal. Os cursos a impartir son de Ofimática, preparatorio do exame Codix de nivel medio e Ofimática, preparatorio de exame Codix de nivel básico; Edición de imaxes con GIMP; Edición de vídeo e audio, e Marketing dixital. “Na Aula Cemit ofértanse sesenta prazas para estes cinco cursos, que suporán en conxunto 780 horas formativas no primeiro semestre deste ano, unha formación que se completará con outro curso da rede Cemit, Usando as novas tecnoloxías, que se ofreceu desde o Concello ás entidades veciñais da zona rural, de 51 horas e con 70 prazas”, apuntou Hermida.
A edil naronesa explicou que o curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix de nivel medio terá lugar entre o 4 de febreiro e o 25 de abril en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. A duración total do mesmo será de 220 horas. O mesmo curso de Ofimática, preparatorio do exame Codix pero de nivel básico, impartirase do 4 de febreiro ao 3 de xuño en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e cunha duración total de 320 horas.
Así mesmo, na Aula Cemit de Xuvia tamén se impartirá un curso de Edición de imaxes con GIMP, do 26 de abril ao 28 de maio en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas, cun total de 84 horas formativas; outro de Edición de vídeo e audio, do 29 de maio ao 27 de xuño, entre as 9.30 e as 13.30 e de 84 horas e unha quinta acción formativa, de Marketing dixital, do 4 ao 28 de xuño entre as 16.00 e as 20.00, cunha duración de 72 horas.
Hermida subliñou que a admisión do alumnado realizarase, como é habitual, por orde de inscrición, dispoñendo dun total de doce prazas para cada un destes cursos da Aula Cemit. Ao anotarse na plataforma recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número trece estas considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa, algo que de ser así se lles comunicaría telefonicamente desde o Concello.
En canto á zona rural a edil naronesa explicou que xa se informou desde o Concello ás sete entidades veciñais da convocatoria do curso Usando as novas tecnoloxías, tamén no marco deste programa Cemit. Trátase dunha acción formativa de 51 horas de duración e dirixida a un máximo de dez persoas por cada local social. Neste caso, as persoas interesadas en acudir, tal e como explicou Hermida, deben dirixirse ás propias entidades veciñais, donde se lles ofrecerá toda a información oportuna para tramitar a inscrición.
O Concello de Narón recibiu este ano o recoñecemento por parte da Xunta de Galicia (da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) da Aula Cemit de Xuvia como Aula de referencia e unha subvención de 15.000 euros. Este recoñecemento, que valora a elevada actividade esta aula, renovarase de novo este ano e constata, tal e como apuntou Natalia Hermida, “unha parte do gran labor que se está facendo desde o goberno local en materia de formación”.
A concelleira de Novas Tecnoloxías agradeceu a colaboración prestada desde as entidades veciñais do rural para poder descentralizar estas accións formativas dirixidas á veciñanza. Así mesmo, recalcou o compromiso do goberno local por “continuar ofrecendo ás nosas veciñas e veciños novos cursos a través de diferentes programas co fin de que poidan dispoñer dun amplo abano de opcións formativas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal