Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA TEATRAL "BERNARDA"
A compañía Malasombra Producións traerá a Narón esta peza, escrita e dirixida polo naronés José Prieto, os días 1 e 2 de febreiro
Narón, 31 de xaneiro de 2019. A programación do mes de febreiro no Pazo da Cultura comezará cunha estrea teatral. A compañía Malasombra Producións representará en Narón a obra Bernarda, protagonizada por Luisa Merelas, Celia González e Sabela Arán. A cita será o venres día 1 ás 20.30 horas e o sábado 2 ás 20.00 e as entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. A obra Bernarda amosa un choque de xeracións entre as tres actrices que conforman o elenco desta peza, que recolle o punto de partida do clásico La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca. O naronés José Prieto é o autor e director deste traballo, no que se conta a vida dunha muller que queda viúva e con dúas fillas mozas e que ten unhas costumes moi arraigadas que non coinciden coa sociedade do momento, a Galicia do ano 1975. A nai tenta que as súas fillas garden un rigoroso loito, pero elas apostan por un mundo distinto con códigos e condutas que non coinciden cos da súa nai.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal