Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ESTREA A APP PEGADAS NARÓN PARA PODER ACCEDER DESDE TELÉFONOS MÓBILES ÁS VANTAXES DO PROGRAMA MUNICIPAL CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
O CONCELLO ESTREA A APP PEGADAS NARÓN PARA PODER ACCEDER DESDE TELÉFONOS MÓBILES ÁS VANTAXES DO PROGRAMA MUNICIPAL CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
Os pais e nais do alumnado dos catro centros educativos nos que funciona este programa poden obter toda a información do mesmo nesta aplicación e tamén a través dunha páxina web
Narón, 1 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, deu a coñecer a nova aplicación para teléfonos móbiles Pegadas Narón. Está operativa para os Camiños Escolares Seguros, unha iniciativa impulsada polo Concello para fomentar a mobilidade e autonomía do alumnado de educación Infantil e Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, Jorge Juan e A Solaina. A rexedora local anunciou que nos teléfonos móbiles con sistema Android xa se pode descargar da Play Store a APP Pegadas Narón –nome da mascota deste programa-, se ben se prevé que se poida descargar proximamente para o sistema operativo iOS.
“O feito de descargar esta aplicación permite aos pais e nais dispoñer de toda a información relativa a este programa, facilitando unha dirección de correo electrónico e utilizando o correspondente contrasinal”, explicou Ferreiro, Sobre as vantaxas da utilización desta aplicación a alcaldesa indicou que a través da mesma os usuarios “recibirán unha mensaxe no teléfono no momento no que o seu fillo ou filla entre no centro escolar e acuda ao check point coa súa pulseira; poderán ver o número de pegadas acumuladas, o catálogo de agasallos e realizar o canxe de puntos, así como obter outra información que se remita desde o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón”.
Ferreiro asegurou que se trata “dunha aplicación moi sinxela, de moi fácil manexo e con información de interese para as persoas que participan nos Camiños Escolares Seguros, donde en colaboración con varios establecementos comerciais da cidade se premia o feito de que o alumnado de Infantil e Primaria vaia camiñando, en bicicleta ou en patinete aos colexios nos que funciona este programa”.
A tramitación e información referente aos Camiños Escolares Seguros pode tamén consultarse a través da páxina: pegadas.naron.es, operativa desde o inicio deste programa. Cada día que o menor pasa polo punto de control do seu colexio –instalados nos accesos, un ou máis en función do alumnado- recibe unha pegada, a modo de punto, que irá acumulando desde o inicio do curso ata o remate e que poderá canxear por agasallos según a contía acumulada ata o día 15 de xullo como data tope, tal e como recordou a alcaldesa da cidade. O curso comeza co contador de pegadas a cero e no caso de avaría ou mal funcionamento da pulseira débese avisar aos responsables do centro educativo para que entreguen unha nova. A perda da pulseira tamén é preciso comunicala ao centro, se ben se entregará unha nova restando dez pegadas das que tiña acumuladas na pulseira extraviada.
Na actualidade practicamente o cen por cento do alumnado dos catro colexios nos que funcionan os Camiños Escolares Seguros adheriuse ao mesmo. “Desde o Concello de Narón continuamos avanzando en iniciativas como os Camiños Escolares Seguros, dirixidas aos nenos e nenas e ás súas familias e a través dos que se aposta, a través dun itinerario convenientemente sinalizado, transmitir aos menores a importancia da educación e seguridade viarias”, apuntou Ferreiro.
A alcaldesa agradeceu a colaboración dos menores e das súas familias e a súa total implicación neste proxecto, así como a dos establecementos da cidade que se sumaron ao mesmo aportando parte dos agasallos que poden obter os participantes nos Camiños Escolares Seguros. “Sen a vosa implicación o Concello non podería levar a cabo este tipo de iniciativas que, grazas a todas e todos vós son xa un éxito e un exemplo a seguir noutros concellos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal