Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ROTONDA DE FREIXEIRO ILUMINARASE DE COR VERDE CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, amosou a total disposición do Concello de colaborarar en materia de concienciación sobre esta enfermidade e recordou que o Consistorio mantén un convenio de colaboración anual coa AECC
Narón, 3 de febreiro de 2019. A rotonda de Freixeiro iluminarase de cor verde na madrugada do 4 ao 5 de febreiro con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se conmemora cada 4 de febreiro. A propia Asociación Española Contra o Cancro –a súa delegación ferrolá- elixiu a ubicación a iluminar con motivo desa data, de entre varias opcións que se lle ofreceron desde o goberno local. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asegurou que “co alumeado desta glorieta, unha das máis céntricas e transitadas da cidade, amosamos a nosa total colaboración con esta asociación, que traballa arreo para concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade e tamén en materia de prevención”. A rexedora local recordou que o Concello de Narón dispón dun convenio anual coa Asociación Española Contra o Cancro en base ao que se realizan varias actividades, entre elas un obradoiro de piscina dirixido a mulleres diagnosticadas de cancro de mama e outro de fatiga oncolóxica para todos os afectados de cancro e co fin de potenciar o exercicio físico durante e despois dos tratamentos desta enfermidade. “A través do Programa de atención integral ao enfermo de cancro da AECC ofrécense este tipo de obradoiros ás persoas afectadas por esta enfermidade”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa asegurou que “o Concello de Narón colabora habitualmente tanto con esta entidade como con outras da área sanitaria, e así o continuará facendo co fin de sumar esforzos e contribuír na medida do posible a impulsar programas específicos que melloren a calidade de vida das persoas con cancro e tamén a concienciar e sensibilizar á cidadanía”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal