Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE MES UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE DEREITOS SANITARIOS E TESTAMENTO VITAL
O Concello colabora coa Asociación Dereito a Morrer Dignamente na organización desta convocatoria, prevista para o 15 de febreiro
Narón, 3 de febreiro de 2019. A Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) organiza, en colaboración co Concello, unha charla-coloquio sobre Dereitos sanitarios e testamento vital. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, participará nesta convocatoria, que contará coas intervencións de Ascensión Cambrón, presidenta de DMD Galicia e Pilar Pérez, directiva de DMD Galicia. A cita, aberta á asistencia da cidadanía, terá lugar o vindeiro 15 de febreiro, a partir das 19.30 horas nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura. As dúas poñentes falarán na convocatoria sobre os Dereitos sanitarios e testamento vital e durante o transcurso do acto procederase a proxectar un vídeo –de aproximadamente oito minutos de duración- sobre a morte digna. A Asociación Dereito a Morrer Dignamente traballa a nivel estatal con federacións nas diferentes comunidades autónomas. A defensa dos dereitos das persoas ao final das súas vidas; a despenalización da eutanasia e o suicidio médicamente asistido para persoas con enfermidades avanzadas que libremente desexen liberarse do sufrimento que viven, ou proporcionar información actualizada sobre a morte digna, forman parte dos obxectivos desta entidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal