Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DE DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO E OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DE DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO E OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO
O GALP Golfo Ártabro Norte impulsa esta convocatoria, que terá lugar o día 6 de febreiro a partir das 18.00 horas
Narón, 4 de febreiro de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro mércores, día 6, unha xornada informativa sobre Desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e oportunidades de financiamento, impulsada a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro. Trátase dun obradoiro no que se poderán inscribir, de balde, todas as persoas interesadas, a través da ligazón: bit.ly/ObradoiroGALP_GAN e con prazas limitadas. A convocatoria dará comezo ás 18.00 horas e na mesma os participantes poderán coñecer oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables ao abeiro desta liña de axudas, aberta ata o 1 de marzo, tal e como recordaron desde a organización.
O sector pesqueiro, actividades náuticas e o turismo están entre os ámbitos de actuación recollidos nestas liñas de axuda, dirixidas a persoas interesadas en emprender ou ampliar os seus negocios. Na xornada informarase sobre oportunidades de negocio e desenvolvemento territorial financiables polo GALP Golfo Ártabro Norte e tamén se estudarán casos de éxito impulsados a través destas axudas. A mellora da competitividade do sector empresarial e a búsqueda de novas alternativas de desenvolvemento do territorio para motivar a retención de talento e o crecemento sostible, forman parte dos obxectivos desta convocatoria.
Ás 18.00 horas informarase aos asistentes sobre O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades de emprendemento; ás 18.30 falarase sobre Oportunidades de negocio no marco do GALP Golfo Ártabro Norte; ás 19.00 presentarase o caso de Pechakucha, un caso de éxito a partir das axudas dos GALP; ás 20.00 explicarase Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio e ás 20.30 poderase degustar un pincho mariñeiro e haberá unha sesión de networking, para tratar de crear unha rede de contactos entre os participantes.
Desde o Concello de Narón anímase ás persoas interesadas en coñecer esta liña de axudas a inscribirse nesta convocatoria, donde poderán recibir a información oportuna e solventar posibles dúbidas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal