Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITARON ESTA MAÑÁ O CONCELLO
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITARON ESTA MAÑÁ O CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuníuse cos menores no salón de plenos, donde respostou a cantas preguntas lle formularon
Narón, 5 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no salón de plenos a unha vintena de nenas e nenos de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia. Os menores viron trala súa chegada o vídeo Nara de Narón -http://naradenaron.es/- e despois sentáronse nos espazos que ocupan nas sesións plenarias os concelleiros e concelleiras da corporación para recibir a Ferreiro. Unha vez que se reuniron coa rexedora local interesáronse polo seu traballo á fronte do goberno local e tamén por algúns espazos públicos da cidade. Antes de despedirse a alcaldesa entregoulles como agasallo un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”.
Os escolares visitaron a continuación as dependencias que a Policía Local ten no Consistorio, o Arquivo municipal e o Rexistro antes de regresar de novo ás súas aulas.
A visita programada esta mañá foi a primeira deste curso ao Concello no marco do programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, impulsado a través da Concellería de Ensino en colaboración co Servizo Sociocomunitario Municipal. Polo momento están pechadas outras visitas ao Consistorio, ata o mes de maio, se ben a seguinte terá lugar o día 12 de febreiro, e na mesma participarán alumnas e alumnos de educación Infantil do CPI do Feal.
A maiores das visitas programadas ao Concello, este programa inclúe tamén saídas do alumnado de Infantil e Primaria dos centros de ensino da cidade ás instalacións do Speis (no polígono de Río do Pozo), á Biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro e ao Pazo da Cultura, neste último caso tamén cunha parada nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, donde participan cos usuarios e usuarias destas instalacións en actividades de marcado carácter interxeracional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal