Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA VISITOU CO CONSELLEIRO DE SANIDADE A ZONA DONDE SE EXECUTAN OS TRABALLOS PREVIOS Á CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A ALCALDESA VISITOU CO CONSELLEIRO DE SANIDADE A ZONA DONDE SE EXECUTAN OS TRABALLOS PREVIOS Á CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
Marián Ferreiro destacou a importancia de que o proxecto comece a materializarse e a aposta que realiza o Concello para que sexa una realidade
Narón, 6 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local acompañaron esta mañá ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, nunha visita á zona donde se iniciaron os traballos previos á construción do novo centro de saúde. No encontro participaron tamén, entre outros, o xerente da Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio; a directora de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro; a xefa territorial de Sanidade da Coruña, Cristina Pérez, e outros representantes do Sergas, da Consellería de Infraestruturas e da dirección e empresa constructora.
Na súa intervención a alcaldesa, Marián Ferreiro agradeceu a visita do conselleiro de Sanidade, e asegurou que “o de hoxe é un día moi importante para esta cidade, porque sabiamos que no papel este proxecto era unha realidade pero estamos moi contentos ao ver que se inician os traballos”. A rexedora local subliñou que o Concello de Narón “tamén fai unha aposta moi importante neste proxecto, que cremos que é moi necesario” e valorou o feito de que “esta Consellería aposte por Narón e por desatascar ese proxecto que levábamos anos solicitando e que non estivo exento de atrancos pero que finalmente é xa unha realidade”.
Así mesmo, Ferreiro destacou a importancia da colaboración entre administracións para poder levar a cabo proxectos tan importantes e necesarios como o novo centro de saúde de Narón e tivo tamén palabras de agradecemento para o exalcalde da cidade, José Manuel Blanco, “que nunca levantou o pé para que isto fose unha realidade”.
Na súa intervención o conselleiro de Sanidade coincidiu en destacar as verbas da alcaldesa da cidade e agradeceu pola súa parte a colaboración prestada polo Concello de Narón. “Agradecer ao anterior alcalde e á actual alcaldesa as facilidades que nos deron sempre para buscar unha parcela axeitada, como é o caso, e chegar a un convenio económico por parte das dúas administracións”.
Vázquez amosou a súa satisfacción por poder desenvolver este proxecto “nunha zona de crecemento como é Narón e a súa comarca, porque ao final é un centro de atención continuada para outros concellos da zona”. O conselleiro asegurou que a previsión da Consellería de Sanidade pasa polo feito de que “en xuño ou xullo do vindeiro ano poida estar xa rematada a obra e despois haberá que facer o traslado”. Vázquez destacou as melloras que se ofrecerán neste novo centro de saúde, con 1.800 metros cadrados máis que o actual e cun investimento duns cinco millóns de euros, “un dos grandes centros de saúde de Galicia que cremos que era moi necesario”.
En canto á aportación do Concello naronés Marián Ferreiro recordou que en xuño de 2016 asinouse o convenio de cooperación entre o Sergas e o Concello e no mesmo contémplase que a administración local abonaría en tres anualidades unha partida de 1.460.353,95 euros. O Consistorio quedará co edificio do antigo centro de saúde, que se destinará previsiblemente a fins sociais, e tamén asumirá o investimento que permitirá acondicionar a zona do estacionamento do novo centro de saúde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal