Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A "XV MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" INAUGURARASE MAÑA POLA TARDE NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
A
A Asociación Galega da Camelia e o Concello organizan un ano máis este evento, que terá lugar os días 9 e 10 de febreiro
Narón, 8 de febreiro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidirá mañá pola tarde, ás 17.00 horas, a inauguración oficial da XV Mostra da Camelia Cidade de Narón, organizada pola Asociación Galega da Camelia en colaboración co Concello de Narón. O presidente e o secretario da entidade, Edmundo Novoa e Manuel Pico, respectivamente, intervirán tamén ao inicio da convocatoria, á que acudirán outros representantes da corporación local naronesa e da Asociación Galega da Camelia. A cita será mañá e o domingo no Centro Comercial Odeón e contará coa participación de algo máis dunha trintena expositores.
As variedades de flor de camelio que se poderán ver esta fin de semana na cidade proceden de cultivadores de Narón e comarca, pero tamén doutros concellos como Pontevedra, O Porriño, Vilagarcía e Tui, entre outros. Todos eles traerán as mellores especies de flor para optar a algún dos premios que se concederán no XI Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón, e que se entregarán xusto despois da inauguración da Mostra, mañá sobre as 17.30 horas. Previamente, na mañá do sábado procederase á montaxe da mostra a partir das 9.00 e ás 13.00 horas un xurado especializado puntuará os lotes dos concursantes. En total, premiaranse a Mellor Camelia japónica, a Mellor Camelia reticulata, a Mellor especie de camelia, o Mellor híbrido de Camelia, a Mellor flor miniatura, o Mellor cultivador-expositor e a Mellor composición artística colectiva (esta última modalidade habilitada para asociacións, entidades culturais, etc.).
A Mostra da Camelia Cidade de Narón poderá verse o sábado ata as 22.00 horas e o domingo de 10.00 a 18.00. Nesta xornada final programouse unha visita ao Xardín de camelias de Manuel Cruz, ás 10.30 horas, localizado na parroquia fenesa de Sillobre. Os interesados en acudir á visita deben anotarse previamente chamando ao teléfono 660 599 700.
Desde o Concello convídase ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a asistir a este evento, un dos fixos nesta cidade desde hai xa quince anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal