Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E EDÍS DA CORPORACIÓN LOCAL RECIBIRON HOXE NO CONCELLO A DOLORES CAO LAGE, VECIÑA DE SANTA ICÍA QUE MAÑÁ CUMPRIRÁ CEN ANOS
A alcaldesa e edís da corporación local conversaron cunha emocionada Dolores Cao, que recibiu unha planta e unha tarta como agasallos
Narón, 8 de febreiro de 2019. A centenaria Dolores Cao Lage visitou esta mañá o Concello, acompañada por familiares, e donde a recibiron a alcaldesa, Marián Ferreiro, as edís de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, e o portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo. Ferreiro felicitou a Dolores, veciña da parroquia de Santa Icía, donde residiu toda a súa vida e o continúa facendo xunto cun sobriño e unha irmá de 90 anos, Josefa Cao. Mañá cumprirá cen anos pero desde o Concello quixeron felicitala hoxe e rendirlle unha homenaxe como veciña centenaria desta cidade. Dolores traballou como ama de casa e tamén na agricultura e a maiores de conservar unha boa memoria gústalle comer de todo e tomar un café. Durante moitos anos foi unha excelente xogadora de tute, unha afición que deixou de practicar co paso dos anos pero da que aínda desfruta vendo xogar aos seus amigos e amigas. Ela mesma recoñecía hoxe que “cen anos son moitos” e emocionada recibiu os agasallos que lle entregou a alcaldesa, unha orquídea e unha tarta. Na conversa mantida coa alcaldesa e cos edís que asistiron ao acto Dolores Cao recoñeceu que lle gustaba que fose unha muller a alcaldesa da cidade na que reside. Ferreiro felicitou novamente á centenaria antes de despedirse e agradeceulle a súa visita, ao tempo que lle desexou, ao igual que o resto de representantes do goberno local, que mañá desfrute ao máximo do seu cen cumpreanos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal