Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE CULTURA PRESENTARON A CUARTA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR
A ALCALDESA E A EDIL DE CULTURA PRESENTARON A CUARTA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR
A cita comezará o 7 de marzo cunha mesa redonda no Pazo da Cultura e inclúe sete monólogos teatrais do 9 ao 29 de marzo
Narón, 12 de febreiro de 2019. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro mes de marzo unha nova edición, a cuarta, do Festival internacional do monólogo teatral Singular. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentaron esta mañá o programa, que consta dunha mesa redonda o día 7 de marzo e sete monólogos teatrais que se representarán entre os días 9 e 29 do vindeiro mes no Pazo. As entradas para os sete espectáculos, a cargo de compañías galegas, nacionais e internacionais, poden adquirirse xa na billeteira do Pazo da Cultura, tal e como indicou a alcaldesa.
O Festival Singular inaugurarase, avanzou Ferreiro, cunha mesa redonda no Café Teatro do Pazo da Cultura. A cita será o 7 de marzo a partir das 19.00 horas e na mesma cinco profesionais das artes escénicas: María Barcala, Marián Bañobre, Mercedes Castro e Xesús Ron, moderados pola directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras, falarán sobre “Cómo enfrontarse á creación dun espectáculo unipersoal”.
O primeiro monólogo teatral, tal e como explicou a alcaldesa, será o día 9 de marzo, ás 20.00 horas, e correrá a cargo da compañía andaluza Rosario Pardo, que representará a obra Los días de la nieve. A protagonista desta obra é unha costureira, chamada Josefina Manresa e á que lle encargan un vestido azul. Mentras realiza o traballo a costureira fai un repaso pola súa vida, cargada de amor pero tamén dalgunhas desgrazas e na que unha das incógnitas pasará por coñecer quen lle encargou o vestido.
Na xornada do día 10 do vindeiro mes, explicou Ferreiro, será o turno da compañía Freddy Ginebra, de República Dominicana, que se subirá ao escenario do Café Teatro do Pazo para representar, ás 19.00 horas a obra Un sueño, una casa, medio siglo y muchas historias. A temática desta obra xira en torno á historia da fundación dunha casa de teatro, poesía, ubicada no centro de Santo Domingo. Ambientada na época da ditadura, a intelixencia e o humor combínanse neste espectáculo co fin de manter viva esta institución.
A terceira representación do ciclo Festival Singular será o día 15 de marzo. Nesa ocasión, e tamén no Café Teatro do Pazo da Cultura, subirase ao escenario, ás 20.30 horas, a compañía galega A quinta do cuadrante, para representar Empapelado amarelo. Esta obra é toda unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia; un monólogo que reflexiona sobre os problemas actuais do papel da muller como nai, en referencia aos seus roles no fogar, e tamén unha defensa á liberdade individual e unha aposta pola rebelión contra o mercantilismo.
Yo no estoy loca é a obra que dará continuidade, o día 16 de marzo ás 20.00 horas, a este Festival Singular. De novo unha compañía internacional, neste caso de Colombia, Teatro Petra, chega a Narón cun espectáculo centrado nas historias dunha muller que sae dos cánones tradicionais, aínda vivindo nunha sociedade tradicional. Historias baseadas na vida real, en concreto sobre unha infidelidade que, á vista da reacción da esposa, fai crer á xente que está tola, unha crenza que aplican a moitos outros ámbitos en función de diferentes situacións que vive a muller.
A compañía madrileña Teatro El Barrio tamén participará no Festival Singular. Será o día 22 de marzo coa obra Emilia, que representará a partir das 20.30 horas. Este monólogo teatral é a primeira parte da triloxía Mulleres que se atreven, e na que o autor trata de posicionar a mulleres brillantes da historia no lugar que lles corresponde, dándoas a coñecer. Neste caso, Emilia amosa a loita da novelista galega Emilia Pardo Bazán, unha muller do século XIX forte, intelixente e divertida que escribe e tratou de ingresar na Real Academia da Lingua, aínda sendo reprobada por moitos dos seus contemporáneos.
O día 23 de marzo representarase a obra Tanatorium, da compañía valenciana Félix Albo. Será a partir das 20.00 horas cando comece este espectáculo, cargado de humor e emoción. Un home entra no recibidor dun tanatorio xusto cando se vai a luz e a escuridade, o silencio e unha incómoda humidade do edificio dan paso a un soliloquio co que percorre varias vidas ata chegar á súa propia.
Finalmente, unha compañía galega, Mona Productora, pechará o Festival Singular, o día 29 de marzo. Representará a obra Anatomía dunha serea, a partir das 20.00 horas, contando unha historia protagonizada por unha muller que padeceu a violencia obstétrica sufrida durante un embarazo e o parto, narrando o sucedido dun xeito autocrítico.
O prezo das entradas para cada un destes espectáculos é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.
A alcaldesa animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a desprazarse ao Pazo para poder asistir tanto á mesa redonda como aos monólogos teatrais incluídos nesta nova edición do Festival internacional do monólogo teatral Singular.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal