Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "VII CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO
O concelleiro de Promoción Económica, José Gómez Fandiño, explicou que os establecementos interesados en participar poden anotarse ata o 19 de febreiro
Narón, 14 de febreiro de 2018. A Concellaría de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na sétima edición do Concurso de Tapas de Entroido. Os establecementos interesados en adherirse a esta iniciativa poden facelo ata o vindeiro martes, 19 de febreiro. Para iso, teñen que formalizar a súa inscrición a través dos correos: promocioneconomica@naron.es e narongastronomico@naron.es, ou no teléfono 981 337 700 [ext. 1063].
Os locais participantes terán que ofrecer á clientela unha tapa doce ou salgada con produtos típicos do Entroido e, se o desexan, tamén outra de libre creación. As tapas deberán ofrecerse de balde á clientela entre o xoves 28 de febreiro e o mércores 6 de marzo. Estableceranse 4 premios: dous por votación popular e outros dous por un xurado, ademais de sortear 5 ceas entre os clientes dos locais participantes que emitan o seu voto.
Con esta acción, a Concellería de Promoción Económica pretende potenciar a actividade dos establecementos hostaleiros e, para contribuír a tal fin, editará material informativo e farase publicidade nos medios de comunicación e nas redes sociais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal