Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO
O PADROADO DA CULTURA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO
A celebración terá lugar o vindeiro 2 de marzo e as comparsas interesadas en participar poderán anotarse ata o 22 de febrero no Pazo, tal e como recordou a edil de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 18 de febreiro de 2019. O Padroado da Cultura abriu o prazo de inscrición para participar no Festival de Comparsas de Entroido organizado para o vindeiro 2 de marzo. O desfile terá lugar pola tarde, con saída ás 17.00 horas desde o pavillón da Mocidade, na Gándara, ata a pista polideportiva da Solaina e poderán participar un máximo de dez comparsas, sete de Narón e tres doutros concellos, tal e como avanzou a edil de Cultura, María del Carmen Espada. Os interesados en anotarse poden facelo ata o vindeiro día 22 nas instalacións do Pazo, en horario de 9.00 a 14.00, debendo cubrir unha ficha (cos datos da comparsa e do seu representante) e seis copias das letras a interpretar no festival.
O Padroado da Cultura asignará, como cada ano, unha axuda económica ás comparsas participantes, que será de 800 euros para as de Narón (co 75 % como mínimo dos seus compoñentes que residan na cidade), 400 para as doutras localidades e tamén 400 euros para as convidadas (o Padroado resérvase a posibilidade de convidar algunha para participar nos actos do Día do Entroido en Narón). Así mesmo, tal e como se especifica nas normas de participación nos actos do Entroido, as comparsas de Narón que participen no programa de dinamización hostaleira e do comercio local percibirán unha aportación económica a maiores de 100 euros, co que poderán obter unha axuda total dun máximo de 900 euros.
Cada comparsa debe estar formada por un mínimo de quince persoas, na súa maioría con máis de 14 anos, e disporá dun tempo máximo de dez minutos para actuar. Os temas das cancións das comparsas deben ser obrigatoriamente locais e empregar o galego.
En canto aos premios, establecéronse tres, que consistirán nunha figura en recordo do Día do Entroido. O xurado que os outorgará estará formado por unha persoa de cada comparsa (a proposta de cada unha delas), e un representante do Padroado da Cultura. No momento da puntuación valorarán a orixinalidade dos disfraces, o enxeño e a crítica realizada na actuación, a calidade musical e todos aqueles elementos da actuación vencellados á recuperación do Entroido en Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal