Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA REUNIUSE CON RESPONSABLES DE ADIF PARA PLANTEXAR A SINATURA DUN CONVENIO PARA CONSTRUÍR UN PASO SOTERRADO BAIXO A VÍA DO TREN EN FREIXEIRO
A ALCALDESA REUNIUSE CON RESPONSABLES DE ADIF PARA PLANTEXAR A SINATURA DUN CONVENIO PARA CONSTRUÍR UN PASO SOTERRADO BAIXO A VÍA DO TREN EN FREIXEIRO
Marián Ferreiro valorou o resultado do encontro mantido cos representantes de ADIF e o seu compromiso de analizar a viabilidade de chegar a un acordo para habilitar un paso peonil baixo a vía
Narón, 19 de febreiro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, mantiveron onte unha xuntanza en León con responsables de ADIF, entre eles o subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste, Julio Sánchez, na que abordaron diferentes asuntos relacionados cos pasos sobre as vías do tren na cidade. Un dos temas plantexados pola alcaldesa foi a posibilidade de asinar un convenio entre o Concello e ADIF para construír un paso soterrado de uso exclusivo de peóns xunto á vía do tren na zona da rúa Ortega y Gasset, comunicando os núcleos de Freixeiro e Piñeiros e cun apeadoiro. “É un serio problema que a xente cruce sobre a propia vía, unha cuestión sobre a que xa no seu día alertamos a ADIF polo risco que supón para que tomase as medidas oportunas, e desde o goberno local tamén estamos dispostos a colaborar para acabar con esa mala práctica que pode ter desenlaces fatais”, asegurou Ferreiro.
O representante de ADIF comprometeuse ante a alcaldesa a estudar a viabilidade de rubricar ese convenio para o paso soterrado, unha posición que a alcaldesa da cidade valorou positivamente.
Á espera de que poida materializarse un acordo entre as partes, e co fin de buscar unha solución alternativa a esta situación, tal e como lle comunicou Ferreiro ao subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste de ADIF, “acondicionarase o tramo de camiño paralelo á vía nesa zona e tamén se procederá a pechar ao tránsito de vehículos o vial sobre a vía do tren, para así garantir o paso das persoas coas máximas condicións de seguridade”.
Así mesmo, a alcaldesa entregoulle a Julio Sánchez un documento técnico e con imaxes da pasarela peonil sobre a vía de FEVE na zona de Santa Icía, na rúa da Estación, que actualmente precisa dunhas tarefas de mantemento. “Nós presentamos o informe e el plantexounos a posibilidade de asinar un acordo para reparar a estrutura, unha opción para a que amosamos a dispoñibilidade do Concello, co fin de subsanar canto antes eses danos que presenta”, apuntou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal