Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORA ESTA SEMANA O DÍA DE ROSALÍA CUNHA EXPOSICIÓN, OBRADOIROS E UNHA XORNADA DE LECTURA PÚBLICA DE TEXTOS DE ROSALÍA DE CASTRO
O CONCELLO CONMEMORA ESTA SEMANA O DÍA DE ROSALÍA CUNHA EXPOSICIÓN, OBRADOIROS E UNHA XORNADA DE LECTURA PÚBLICA DE TEXTOS DE ROSALÍA DE CASTRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron hoxe os actos, que se desenvolverán na Biblioteca do Alto e nas ludotecas municipais da Gándara e A Solaina
Narón, 19 de febreiro de 2019. O Concello conmemorará o Día de Rosalía con varios actos tanto na Biblioteca como nas ludotecas municipais. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá as propostas que se desenvolverán esta semana, e nas que convidan a participar a toda a cidadanía. “Un ano máis, desde o Concello queremos recordar a figura de Rosalía de Castro en vésperas do 182 aniversario do seu nacemento”, recordou Ferreiro, que incidiu no “importante papel que xogou na súa época esta poetisa e novelista galega a nivel persoal e profesional, facendo unha férrea defensa da nosa lingua e deixándonos un valioso legado coa súa obra”.
A sala de adultos e infantil da Biblioteca acolle desde onte, e ata o vindeiro sábado, día 23, unha exposición bibliográfica sobre a poetisa galega Rosalía de Castro. A mostra representa unha excelente oportunidade para achegarse á vida e obra desta autora.
Así mesmo, tamén nas instalacións da Biblioteca desenvolveranse o vindeiro sábado uns obradoiros infantís de pintura e creatividade literaria. Trátase dunha actividade pensada para menores de enrte 6 e 12 anos, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello e no que se decorarán camisetas (Renova a camisola con Rosalía de Castro) e chapas (Chapando a Rosalía) afondado dun xeito lúdico, á par que didáctico, na obra de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas que queiran participar –serán entre as 10.00 e as 11.30 horas- deben inscribirse previamente –ata o venres 22 de febreiro- na dirección de correo electrónico: a.pita@naron.es, se ben o número de prazas está limitado a un máximo de vinte persoas. No caso do Obradoiro Renova a camisola con Rosalía de Castro prégase aos asistentes que leven as vellas camisolas para reutilizalas, no caso de ser posible, para decoralas con versos e imaxes da poetisa galega. As chapas da proposta Chapando a Rosalía tamén se decorarán con versos e imaxes da citada autora.
Na mesma xornada do día 23 terá lugar unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro, tamén na Biblioteca municipal e a partir das 12.00 horas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Cultura, María del Carmen Espada, participarán nesta proposta, aberta á cidadanía en xeral. Así mesmo, tal e como avanzou Ferreiro, a actriz naronesa Celia González lerá o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) redactado por Ana Romaní. En canto á lectura pública, as persoas que desexen participar poderán levar un texto de Rosalía elixido por eles nas súas casas ou seleccionar algún dos que estarán a disposición na propia Biblioteca.
As propostas do Concello para conmemorar o Día de Rosalía tamén inclúen actividades na Ludoteca-Axencia da Lectura da Solaina, donde esta mesma semana, ata o venres, se leva a cabo un obradoiro de pintura relacionado coa figura de Rosalía de Castro.
Finalmente, ao igual que se fixo en anos anteriores, tanto o venres 22 como o sábado 23 entregarase unha flor como agasallo a todas aquelas persoas que leven en calidade de préstamo un libro en galego da Biblioteca central, da Axencia de Lectura da Gándara e da Ludoteca-Axencia da Lectura da Solaina. A esta iniciativa sumáronse tamén oito librarías da cidade –Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Galicia-, que entregarán nesas mesmas datas unha flor a todas as persoas que merquen nos seus establecementos un libro en galego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal