Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA INAUGUROU AS XORNADAS SOBRE CAMBIO NORMATIVO DOS REQUISITOS DE SEGURIDADE EN PARQUES INFANTÍS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E RECREATIVAS
A ALCALDESA INAUGUROU AS XORNADAS SOBRE CAMBIO NORMATIVO DOS REQUISITOS DE SEGURIDADE EN PARQUES INFANTÍS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E RECREATIVAS
Profesionais na área de seguridade abordaron ante medio cento de persoas de varios concellos galegos o marco normativo nestas instalacións
Narón, 21 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugurou esta mañá, ás 10.00 horas, as xornadas sobre Cambio normativo dos requisitos de seguridade en parques infantís e instalacións deportivas e recreativas. Medio cento de persoas –funcionarios e representantes políticos- de Narón e doutros concellos (Ferrol, Oleiros, Miño, Santiago, A Coruña…) participaron nesta convocatoria, que continuará desenvolvéndose en horario de tarde no Café Teatro do Pazo da Cultura. O Concello colabora coa firma Soluciones Técnicas de Ocio na organización da convocatoria.
Ferreiro destacou na súa intervención a importancia de que tanto os parques infantís como as instalacións deportivas e recreativas estean totalmente adaptados á normativa vixente. No caso de Narón, o cen por cento dos parques infantís cumpren a normativa europea e tan só a pavimentos de seguridade destinarase unha partida de case 163.000 euros –para a mellora dunha ducia de parques- e outros preto de 30.000 serán para a substitución de valados –en cinco parques-. En canto ás instalacións deportivas, desde o Concello tamén se continúan realizando investimentos nesa mesma área, tal e como apuntou Ferreiro.
A alcaldesa destacou que estas xornadas representan “unha moi boa oportunidade para compartir experiencias e coñecementos entre os asistentes”, e presentou ao primeiro dos poñentes, José María Fariñas, experto en seguridade infantil e vicepresidente da Comisión de Normalización UNE, da empresa Ases XXI. Fariñas destacou a importancia do “certificador de produto, a diferencia dos laboratorios de ensaio” e incidiu en que “sempre debe vir a marca do acreditador correspondente do país que sexa”. Asegurou tamén o experto que no caso dos parques, “teñen que estar sempre vixiados os nenos e nenas por un adulto e ter moi en conta que se un menor non se pode subir a un xogo, é que non é para el, e non se debe subir porque pode caer”.
Tras unha pausa para o xantar, ás 16.00 horas dará comezo a intervención de Manuel Ángel Lorca, xerente e administrador de Vugalia, empresa que fabrica e subministra pavimentos de seguridade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal