Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA A WEB BUSCOCOLE PARA FACILITAR ÁS FAMILIAS INFORMACIÓN SOBRE OS SEUS CENTROS EDUCATIVOS DE REFERENCIA NA CIDADE
O CONCELLO HABILITA A WEB BUSCOCOLE PARA FACILITAR ÁS FAMILIAS INFORMACIÓN SOBRE OS SEUS CENTROS EDUCATIVOS DE REFERENCIA NA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, deron a coñecer a nova páxina web
Narón, 21 de febreiro de 2019. O Concello de Narón conta desde hoxe cunha nova ferramenta web, nesta ocasión específica para axudar ás familias da cidade a coñecer os seus colexios de referencia, en función dos seus domicilios. Buscocole é o nome desta páxina, á que se pode acceder desde a dirección: buscocole.naron.es –tamén cun aloxamento na web do Concello de Narón (www.naron.es)- e que presentaron esta mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. “A través desta web, as familias que residen na cidade e teñen que escolarizar aos seus fillos e fillas dispoñen dun xeito moi sinxelo de toda a información que precisan das escolas do CRA, das escolas infantís, dos centros públicos e concertados e dos institutos de Narón”, explicou Ferreiro, que convidou á veciñanza a facer uso desta nova ferramenta.
A modo de rueiro, faise unha diferenciación entre a zona urbana, a rural e hai un apartado específico para a rúa da Garda e a estrada de Castela. Unha vez que se selecciona esa área e, a continuación, se especifica a rúa do domicilio familiar –tamén se ofrece unha posible búsqueda en función da idade do menor a escolarizar- ofrécense os centros de referencia para cada caso.
Un plano de localización, a dirección, o correo electrónico e teléfono, a páxina web, servizos e niveis educativos ofertados son parte desa información que se ofrece directamente aos usuarios e usuarias da web Buscocole. “Trátase de ofrecer aos pais e nais a máxima información posible de cada un dos centros para que á hora de elixir coñezan perfectamente os servizos dispoñibles en cada unha destas instalacións educativas”, apuntou Ferreiro.
A alcaldesa valorou o traballo realizado e o resultado do mesmo, e destacou tamén “a importante labor que no proceso de elaboración desta web desempeñaron os representantes dos centros de ensino da cidade, que ofreceron a súa colaboración para que o resultado final fose o mellor posible”.
A nova páxina web darase a coñecer tamén nun acto público convocado para o vindeiro 26 de febreiro no Auditorio municipal, que dará comezo ás 17.30 horas. Na convocatoria ademáis de representantes do goberno local, tal e como avanzou Ferreiro, estarán presentes os directores e directoras dos centros de ensino públicos de Narón. Serán estes últimos, indicou, os encargados de explicar ás familias, como cada ano por estas datas, o proceso de escolarización e os proxectos educativos e recursos de cada centro. Na convocatoria informarase tamén sobre a nova web municipal, Buscocole, dando a coñecer deste xeito todos os recursos á disposición da cidadanía con fillos e fillas en idade escolar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal