Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPLANTARÁ A PARTIR DO VINDEIRO LUNS A ZONA AZUL DE ESTACIONAMENTO DESDE A RÚA 25 DE XULLO ATA A MURILLO
A partir do 25 de febreiro na zona delimitada tan só se poderá estacionar unha hora de luns a venres no horario en que se aplicará a medida, de 8.00 a 15.00, tal e como avanzou o edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 21 de febreiro de 2019. O Concello implantará a partir do luns 25 de febreiro o estacionamento como zona azul desde o inicio da rúa 25 de Xullo ata a rúa Murillo, nas inmediacións da Casa Consistorial, o centro de saúde e a Biblioteca municipal. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, que explicou que estes días se está informando á cidadanía sobre este cambio –xa delimitado con sinalización horizontal e vertical- e que a partir do luns procederase a controlar o cumprimento da nova normativa de estacionamento nesta zona. De luns a venres, entre as 8.00 e as 15.00 horas estableceuse un tempo máximo de estacionamento dunha hora. Os condutores, no momento de aparcar na zona azul, deben deixar obrigatoriamente nun lugar visible do vehículo –na parte de mando- un documento ou un disco de control no que se especifique a hora de chegada, de xeito que se poida comprobar que non se sobrepasa, a partir do luns, o tempo fixado dunha hora para poder deixar o vehículo na zona. “En total habilitaranse nese tramo vinte e cinco prazas de estacionamento rotativo como zona azul, unha medida que permitirá que máis persoas poidan acceder a estas prazas ao estar un tempo máximo dunha hora”, asegurou Sánchez Fojo. O edil explicou que “a mobilidade será constante durante esas sete horas de luns a venres, polas mañás, e iso facilitará o feito de atopar un espazo para aparcar, aínda que sexa por tempo limitado”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal