Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CLASES DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS QUE SE IMPARTIRÁN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CLASES DE ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS QUE SE IMPARTIRÁN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
As sesións, que serán de balde, diríxense a un máximo de dez persoas e comezarán a impartirse no mes de marzo, tal e como avanzou a edil de Ensino e Bibliotecas Mercedes Taibo
Narón, 25 de febreiro de 2019. A Biblioteca municipal abre hoxe o prazo de inscrición en clases de español, de balde, para persoas estranxeiras. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que este servizo, dirixido a un máximo de dez persoas adultas, comezará a funcionar o vindeiro mes de marzo. “Trátase dunha nova proposta do programa Biblioespazo 2019 que terá lugar na sala multiusos da segunda planta da Biblioteca, co fin de que as persoas interesadas teñan a oportunidade de acceder de balde a clases nas que aprender ou mellorar o seu dominio do español”, apuntou a edil.
As clases serán todos os xoves, en horario de 19.30 a 21.00 horas e as persoas que desexen inscribirse deben facelo de xeito presencial na propia Biblioteca, a partir das 9.30 horas, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura.
A concelleira de Ensino e Bibliotecas animou ás persoas interesadas a anotarse neste programa e tamén a dalo a coñecer entre o colectivo ao que se dirixe, animándoo a solicitar a información que precise ao respecto nas propias instalacións da Biblioteca municipal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal