Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CELEBRARÁ O ENTROIDO CO TRADICIONAL FESTIVAL DE COMPARSAS, A FESTA DO COCIDO, UNHA FESTA INFANTIL, O INICIO DO CONCURSO DE TAPAS E UNHA MARCHA CICLISTA
O CONCELLO CELEBRARÁ O ENTROIDO CO TRADICIONAL FESTIVAL DE COMPARSAS, A FESTA DO COCIDO, UNHA FESTA INFANTIL, O INICIO DO CONCURSO DE TAPAS E UNHA MARCHA CICLISTA
As actividades desenvolveranse en varias xornadas e inclúen propostas dirixidas a persoas de tódalas idades
Narón, 25 de febreiro de 2019. O Concello deseñou un completo programa para festexar o Entroido. O certame de Tapas de Entroido, que comeza o vindeiro xoves, día 28 e unha festa infantil con inchables e animación musical o venres día 1 na Praza do colexio de Xuvia –a partir das 17.00 horas, organizada coa AVV Altea- marcarán a saída do Entroido en Narón. O sábado día 2 terá lugar o tradicional Festival de comparsas de Entroido e tamén a décimo quinta edición da Festa do Cocido da Gándara. Os edís de Cultura, María del Carmen Espada; Festas, Mar Gómez, e Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, e o presidente da AVV da Gándara, Juan Muíña, presentaron esta mañá a programación do Entroido na cidade.
O Festival de Entroido de Narón celebrarase o sábado día 2 de marzo, no que participarán un total de dez comparsas. Do total seis son de Narón (Os Argalleiros, da Gándara; Tróupele, Tróupele, da Gándara; Semente Revoluçom, de San Mateo; Os Mangurriás, de Xuvia; Os Parrandolos, de Piñeiros e Os Colludos, do Alto) e as outras catro doutros concellos (A Revolta, de Ferrol, A Canteira, de Neda; Vide vindo, de Ferrol e Os trastos, de Valdoviño, esta última convidada polo Padroado da Cultura. Todas as comparsas participantes concentraranse ás 17.00 horas no Pavillón da Mocidade, desde donde partirá ás 17.15 horas a comitiva polas rúas Bispo Argaya, Villalba, Lugo, Wenceslao Fernández Flórez, estrada da Trinchera, estrada de Castela, avenida de Santa Icía e avenida da Solaina. Será precisamente na pista polideportiva da Solaina donde a partir das 18.00 horas actuarán as comparsas do Festival, que optarán a un total de tres premios –unha figura conmemorativa do Día do Entroido- que concederá un xurado integrado por un representante do Padroado da Cultura de Narón e un membro de cada unha das comparsas participantes. A orixinalidade dos disfraces, o enxeño das letras das súas cancións, a crítica, a calidade musical e os elementos da actuación vencellados á recuperación do Entroido en Galicia serán os elementos sobre os que se determinarán as puntuacións.
O Padroado da Cultura de Narón concederá unha axuda de 800 euros ás comparsas de Narón –que poderán obter 100 euros máis se participan nestas datas no programa de dinamización da hostalería e comercio local-; 400 euros ás doutros concellos e outros 400 ás convidadas (polo propio Padroado).
Así mesmo, durante o festival na pista polideportiva da Solaina haberá tamén un concurso de disfraces no que se entregarán premios aos mellores nas categorías individual, parellas e grupos. A compañía Teatro Ghazafelhos será a encargada de presentar esta cita, na que tamén actuará a banda musical Los Mecánicos. Na zona do festival habilitarase unha mesa na que se poderán anotar as persoas interesadas en participar no concurso de disfraces, nas diferentes categorías. Os premios serán de cestas con produtos de Entroido no caso das persoas adultas e lotes de libros e entradas para espectáculos no Pazo da Cultura para os menores.
O sábado día 2 tamén se celebrará a décimo quinta edición da Festa do Cocido da Gándara, enmarcada no ciclo Narón Gastronómico e coorganizada coa AVV da Gándara. O presidente da entidade, Juan Muíña, explicou que a partir das 13.30 estarán animando as rúas do barrio comparsas do Entroido de Narón e ás 14.00 comezará o xantar popular, a base de sopa, lacón, orella, chourizo, costela, grelos, garavanzos, patacas, pan e bebida, cunha sobremesa de torradas de anís e café. A partir das 17.00 horas a Festa do Cocido estará amenizada por un grupo musical. As persoas interesadas en asistir dispoñen aínda de prazo para anotarse –ata o xoves pola mañá-, retirando os tickets de xeito anticipado no local social da Gándara ou contactando co número de teléfono 615 190 656.
O Entroido terá un ano máis un apartado gastronómico na cidade, cunha nova edición do Concurso de Tapas de Entroido. Vinte e un establecementos de hostalería servirán desde o vindeiro xoves 28 ata o 6 de marzo tapas doces e salgadas, de balde, elaboradas con produtos do Entroido. Esta iniciativa enmárcase no programa Narón Gastronómico e os hostaleiros optan a premios polas mellores Tapas creativas e Tapas de Entroido, se ben a clientela poderá depositar o seu voto nos locais adheridos para entrar no sorteo de cinco ceas para dúas persoas nos establecementos participantes.
O domingo día 3 haberá un pasarrúas de comparsas pola zona urbana e o martes día 5 haberá a Marcha ciclista Corredoiro, con saída ás 10.30 horas do parque fluvial de Freixeiro ata Xuvia e regreso a Freixeiro. Poden participar todas as persoas que o desexen, ás que se pide que asistan disfrazadas.


Descarga de archivos
Cartaz EntroidoTamaño: 1,40 MBDescargar
Tapas de EntroidoTamaño: 1,55 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal