Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA CORPORACIÓN MASAVEU NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO DA GÁNDARA
O CONCELLO COLABORA COA CORPORACIÓN MASAVEU NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO DA GÁNDARA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e edís da corporación local participaron xunto con representantes do Grupo Masaveu nesta iniciativa, dirixida a alumnado do colexio Santiago Apóstol
Narón, 26 de febreiro de 2019. Preto de medio cento de alumnas e alumnos de sexto curso de Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón participaron hoxe, ás 12.00 horas, na novena edición da iniciativa medioambiental impulsada pola Corporación Masaveu e na que colabora un ano máis o Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Parques e Xardíns, Ibán Santalla, e Urbanismo, Manuel Ramos, asistiron ao acto, que tivo lugar no paseo da Gándara e no que participaron tamén, en representación da Corporación Masaveu, José Luis Sáez de Santamaría, responsable do departamento de Relacións Institucionais e Comunicación do Grupo; Fernando Fernández-Tresguerres, responsable do departamento Medioambiental de Masaveu Industria; Carlos Hugo Huerta, director da fábrica do Grupo Masaveu en Narón e Marta Ferro, subdirectora da planta naronesa e xefa de Calidade e Medio Ambiente.
En total plantáronse trinta árbores: robles, castaños e álamos. Axudados por persoal da empresa concesionaria do servizo de xardinería do Concello, os rapaces e rapazas recibiron unha pequena explicación previa sobre como plantar árbores para, a continuación, coller os útiles necesarios e comezar a plantación nos ocos habilitados previamente para tal fin. A alcaldesa, Marián Ferreiro, os edís que a acompañaron e o persoal da Corporación Masaveu tamén axudaron aos menores nas tarefas, implicándose activamente nas mesmas.
Para que quedase constancia do traballo realizado os escolares colocaron unha cinta cos seus nomes nas árbores que ían plantando, a modo de recordo. Tamén realizaron unha fotografía de grupo cos representantes do Concello e da Corporación Masaveu antes de dar por finalizada esta iniciativa medioambiental cun pequeno ágape nas inmediacións da zona.
A de hoxe foi a primeira plantación que o Concello e a Corporación Masaveu realizaron na Gándara, tralas que se levaron a cabo en anteriores edicións noutras ubicacións da cidade, entre elas o paseo marítimo de Xuvia.
Marián Ferreiro agradeceu aos alumnos e alumnas, así como ao persoal docente, a súa implicación nesta actividade medioambiental que, tal e como subliñou, permitirá contar nesta zona de lecer da cidade con novas especies arbóreas. Así mesmo, a alcaldesa felicitou aos responsables da Corporación Masaveu por esta iniciativa, consolidada xa na cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal