Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIAESCOLA NARÓN SEMANA SANTA
A iniciativa diríxese a menores de entre 4 e 12 anos empadroados en Narón e poderán anotarse do 1 ao 15 de marzo, tal e como avanzou a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 28 de febreiro de 2019. As persoas que desexen inscribir aos seus fillos e fillas no programa municipal ConciliaEscola Narón Semana Santa poderán facelo a partir de mañá e ata o vindeiro 15 de marzo. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, anunciou que a convocatoria se desenvolverá nunha única quenda, os días 15, 16, 17 e 22 de abril nas instalacións da Escola de Domirón (CRA de Narón). A edil recordou que o programa se dirixe a menores de 4 a 12 anos empadroados en Narón e nos casos en que traballen os dous membros parentais. En canto ao transporte, habilitarase o servizo se existe un grupo mínimo de dez solicitudes. “Trátase duns obradoiros programados en horario de mañá e nos que os nenos e nenas realizan, coa axuda de monitores, diversas actividades lúdicas, formativas e deportivas, ofrecendo así aos pais e nais que traballan unha opción para poder conciliar mellor a súa vida laboral e familiar”, asegurou Taibo. Os horarios de ConciliaEscola Narón Semana Santa serán de 7.30 a 14.00 ou de 9.00 a 14.00, no primeiro caso con transporte só de volta e no segundo con posibilidade de servizo de ida e volta. O modelo de solicitude pode recollerse e entregarse cuberto no Rexistro municipal, en horario de 8.30 a 13.30 de luns a venres, e o prezo por asistir durante os catro días é de 8,15 euros por participante. Para solicitar máis información sobre este programa pódese chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao número de teléfono 981 337 700 (ext.: 1113/1115).
Descarga de archivos
ConciliaEscola Narón Semana Santa
Tamaño:117,76 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal