Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARA MENORES QUE INICIAN A SÚA ETAPA ESCOLAR
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARA MENORES QUE INICIAN A SÚA ETAPA ESCOLAR
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que o período de matrícula permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de marzo
Narón, 1 de marzo de 2019. Os centros de ensino públicos e concertados da cidade ofertan este ano un total de 374 prazas para nenos e nenas de 3 anos (nados en 2016), que inician a súa etapa escolar. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou ás familias que desde hoxe, e ata o vindeiro día 20 de marzo, os pais e nais poden dirixirse aos colexios da cidade para matricular aos menores. A edil naronesa incidiu en que recentemente o Concello presentou unha nova páxina web: Buscocole.naron.es, en donde se ofrece información sobre os centros de referencia en función dos domicilios dos nenos e nenas.
O número de prazas ofertadas nos centros é de 50 no da Gándara e outras tantas no da Solaina e no Santiago Apóstol; 39 no Feal, 25 nos de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, Ayala, Jorge Juan e no CRA de Domirón e do Val; e 10 na escola de Pedroso/Sedes (CRA).
“Esta mesma semana tivo lugar unha reunión no Auditorio municipal na que os directores e as directoras dos centros educativos de Infantil e Primaria explicaron ás familias os servizos e programas de cada un deles, se ben está dispoñible a nova web municipal, Buscocole, para consultar información sobre os colexios da cidade a través da rede ou facilitando o contacto de cada un deles por se xurdiran dúbidas de última hora”, explicou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal