Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA HOXE OS ACTOS DO PROGRAMA DO ENTROIDO CUNHA FESTA INFANTIL EN XUVIA
O CONCELLO INICIA HOXE OS ACTOS DO PROGRAMA DO ENTROIDO CUNHA FESTA INFANTIL EN XUVIA
O sábado día 2 celebraranse o Festival de comparsas e a XV Festa do Cocido da Gándara e as actividades continuarán o domingo e o martes día 5, xornada festiva na cidade
Narón, 1 de marzo de 2019. O programa para celebrar o Entroido na cidade comezará a desenvolverse esta mesma tarde cunha festa infantil que se celebrará baixo unha carpa na Praza do colexio de Xuvia. A cita será a partir das 17.00 horas e haberá inchables e animación musical. Esta proposta festiva organízaa o Concello en colaboración coa Asociación de Veciños Altea, de Xuvia.
Na xornada de mañá, sábado, terá lugar o tradicional Festival de comparsas de Entroido, no que participarán un total de dez agrupacións. Do concello de Narón amenizarán a convocatoria: Os Argalleiros, da Gándara; Tróupele, Tróupele, tamén da Gándara; Semente Revoluçom, de San Mateo; Os Mangurriás, de Xuvia; Os Parrandolos, de Piñeiros e Os Colludos, do Alto, se ben se sumarán A Revolta, de Ferrol, A Canteira, de Neda; Vide vindo, de Ferrol e Os Trastos, de Valdoviño. As dez comparsas concentraranse ás 17.00 horas no Pavillón da Mocidade, na Gándara, desde donde partirán ás 17.15 polas rúas Bispo Argaya, Villalba, Lugo, Wenceslao Fernández Flórez, estrada da Trinchera, estrada de Castela, avenida de Santa Icía e avenida da Solaina ata a pista polideportiva da Solaina. Nesta última ubicación comezará ás 18.00 horas o Festival de comparsas, con premios (unha figura conmemorativa do Día do Entroido) para as tres mellor puntuadas polo xurado. O enxeño das cancións a orixinalidade dos disfraces, a crítica e o que cada formación represente para a recuperación do Entroido en Galicia serán algúns dos aspectos que se valorarán no momento da puntuación.
A maiores, tamén no marco do Festival de comparsas, haberá un concurso de disfraces, para o que as persoas interesadas se poderán apuntar nun espazo que se habilitará no interior da carpa ubicada na pista polideportiva da Solaina. Diferenciáronse tres categorías: individual, parellas e grupos e entregaranse como premios cestas con produtos de Entroido ás persoas adultas e libros e entradas para espectáculos no Pazo da Cultura aos nenos e nenas. O Festival de comparsas de Entroido presentaráo a compañía Teatro Ghazafelhos e no apartado musical actuará a banda Los Mecánicos.
Así mesmo, tamén se celebrará mañá a décimo quinta edición da Festa do Cocido da Gándara, coorganizada polo Concello e a AVV da Gándara. Ás 13.30 animarán as rúas do barrio comparsas do Entroido de Narón e ás 14.00 comezará o xantar popular, a base de sopa, lacón, orella, chourizo, costela, grelos, garavanzos, patacas, pan e bebida, cunha sobremesa de torradas de anís e café. Un grupo musical amenizará a festa a partir das 17.00 horas.
Na xornada do domingo, día 3, haberá un pasarrúas pola zona urbana da cidade e o martes días 5 celebrarase a Marcha ciclista Corredoiro, organizada en colaboración co clube ciclista Clásico BikeWorks. As persoas interesadas en asistir deben ir disfrazadas e tamén é obrigatorio que os menores vaian en bicicleta sen rodíns e acompañados dun adulto no caso de ter menos de 16 anos. Poderán anotarse no punto de saída –ou no establecemento BikeWorks, no número 453 da estrada de Castela-, no parque fluvial de Freixeiro, de donde partirá a marcha ás 10.30 horas pola estrada de Castela ata o paseo marítimo de Xuvia, para regresar de novo ao paseo de Freixeiro tras un pequeno descanso.
O apartado gastronómico do Entroido estará cuberto ata o vindeiro 6 de marzo, data na que se poderán degustar tapas de balde, ao mediodía, nos vinte e un establecementos adheridos ao Concurso de Tapas de Entroido na cidade, cunha nova edición do Concurso de Tapas de Entroido. Os establecementos participantes optan a premios en metálico e a clientela que puntúe as tapas do certame entrará no sorteo de cinco ceas para dúas persoas. Pódense consultar tanto os establecementos como as tapas deste certamen na web do Concello: www.naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal