Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ESTREA A CANLE DE INFORMACIÓN CIDADÁ "NOVAS NARÓN" A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE WHATSAPP
O CONCELLO ESTREA A CANLE DE INFORMACIÓN CIDADÁ
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que se trata dunha canle unidireccional á que se pode subscribir a cidadanía a través do número de teléfono 607 344 434
Narón, 4 de marzo de 2019. O Concello de Narón dispón desde hoxe dunha nova canle de información, Novas Narón, dirixida á cidadanía a través da aplicación móbil de WhatsApp. As persoas que desexen recibir a información que, de xeito unidireccional, se facilitará a través deste sistema deben gardar nos seus listados de contacto dos teléfonos móbiles o número 607 344 434 e enviar a mensaxe “Alta Novas Narón”, tal e como explicou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. Unha vez estea dado de alta pasará a formar parte dunha lista de difusión do Concello, a través da que se compartirá cos interesados información de actualidade municipal.
Avisos, cortes de tráfico ou en subministros, novas do Concello, eventos, cursos… formarán parte dos contidos que se difundirán a través de Novas Narón, unha canle na que non se xerarán conversas ao tratarse dunha comunicación unidireccional. “A través deste novo servizo ofreceremos desde o Concello unha comunicación máis directa coas veciñas e veciños interesados en recibir información municipal sobre diferentes áreas”, explicou Hermida. A edil naronesa convidou ás naronesas e naroneses a darse de alta en Novas Narón, “unha ferramenta de comunicación instantánea e directa que permitirá transmitir información de actualidade á veciñanza que estea interesada neste novo servizo municipal”.
O Concello, como administrador reservarase o dereito de expulsar da lista de difusión a aquelas persoas que incumplan os obxectivos cos que se concebiu o servizo. Toda a información sobre o mesmo pode consultarse a través da páxina web do Concello de Narón: www.naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal