Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA MAÑÁ O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O CONCELLO INICIA MAÑÁ O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Igualdade e Ensino, Teresa Sabio e Mercedes Taibo, presentaron as actividades que se levarán a cabo na cidade con motivo do 8M
Narón, 7 de marzo de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Igualdade e Ensino, Teresa Sabio e Mercedes Taibo, respectivamente, presentaron esta mañá os actos organizados polo Concello con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Na xornada de mañá, con motivo da conmemoración desta data, procederase a iluminar de cor malva a fachada do Pazo da Cultura, sobre as 20.00 horas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que as edís do equipo de goberno secundarán os actos programados con motivo do 8M, incluída a convocatoria de folga feminista de 24 horas convocada para a xornada de mañá venres e animou ás mulleres a implicarse activamente na procura da tan necesaria igualdade real entre homes e mulleres.
O vindeiro sábado, día 9, a Biblioteca municipal acollerá, a partir das 11.00 horas, o obradoiro "Por todos os días violeta", no que participarán nenas e nenos a partir de catro anos. A proposta consistirá en levar a cabo actividades que poñan en valor a figura das mulleres que tiveron un papel destacado en diferentes ámbitos da historia. Poderán participar un máximo de vinte menores, se ben aínda na xornada de hoxe quedaban algunhas prazas dispoñibles que se poden solicitar chamando á Biblioteca (981 382 173) no horario de apertura o unas propias instalacións, e tamén o día da actividade antes do inicio no caso de que queden vacantes, apuntou Mercedes Taibo.
Así mesmo, nas instalacións da Biblioteca municipal pódese ver ata o 16 de marzo unha exposición bibliográfica: Mulleres de onte e hoxe para o día de mañá.
O Concello acollerá o vindeiro luns, día 11, ás 12.00 horas, a tradicional Homenaxe á Muller do Ano de Narón, na que se recoñecerá a traxectoria dunha muller vencellada á cidade. No mesmo acto darase a coñecer oficialmente o nome da homenaxeada, que estará acompañada por familiares e amigos nunha convocatoria que presidirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e na que participarán representantes dos grupos políticos da corporación local.
Tamén o vindeiro luns, ás 17.30 horas, se programou no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros un obradoiro de saúde. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presentará a charla, sobre Osteoporose, que lle pasa ós meus osos? Entre as 17.45 e as 18.00 a médica Evelin Fernández falará aos asistentes sobre a enfermidade, os factores de risco e os tratamentos máis axeitados e a continuación, entre as 18.00 e as 18.15 será o turno da enfermeira Andrea Ruibal, que abordará o tema dos coidados apropiados, a alumentación, actividade física... Antes de dar por rematada esta charla abrirase un turno de preguntas, no que poderán intervir as persoas que acudan á convocatoria.
Os actos programados desde o Concello con motivo do 8M inclúen un ano máis a traficional Cea das Mulleres, o 22 de marzo. Nesta cita homenaxearase oficialmente á Muller do Ano de Narón, acompañada nesta ocasión por veciñas da cidade que se queiran sumar ao acto. A cea terá lugar nas instalacións do restaurante Sercotel Odeón, a partir das 21.30 horas, e as mulleres que desexen asistir poden recoller os tickets, previo pago de 20 euros por persoa, nas instalacións do citado establecemento de hostalería da cidade, tal e como explicou a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio.
Por último, tamén se programaron uns obradoiros sobre Supervivencia doméstica para persoas maiores, que se impartirán durante dúas horas (de 17.00 a 19.00) os días 29 de marzo e 5 de abril nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros; o 1 de abril no Centro Cívico de Pedroso, o 2 de abril no local social da Solaina e o 4 e 11 de abril no local social do Val.


Descarga de archivos
Cartaz 8MTamaño: 1,80 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal