Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA, OS PORTAVOCES DA CORPORACIÓN E O COMITÉ DE EMPRESA DE POLIGAL REUNÍRONSE CO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
A ALCALDESA, OS PORTAVOCES DA CORPORACIÓN E O COMITÉ DE EMPRESA DE POLIGAL REUNÍRONSE CO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
A rexedora local, Marián Ferreiro, incidiu na necesidade de defender o centenar de postos de traballo do plantel de Poligal en Narón
Narón, 7 de abril de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, os portavoces de todos os grupos políticos da corporación local naronesa - Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), Catalina García (PSOE), Teresa Sabio (BNG), Marcos López (PP), André Abeledo (EU) e Alfonso Casal (ENE)- e representantes do comité de empresa de Poligal reuníronse a primeira hora desta tarde co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para abordar o futuro do plantel e da empresa Poligal, asentada no polígono da Gándara. A xuntanza inicialmente ía convocarse en diferentes xornadas, cos representantes do Concello por un lado e o comité por outro, se ben a alcaldesa solicitou que estivesen todos presentes na mesma, tal e como finalmente sucedeu.
Ao inicio da reunión abordaron a versión que ofreceron os responsables da empresa para xustificar o peche das instalacións de Narón e desde a administración autonómica informaron que hoxe mesmo se nomeou ao administrador concursal, un proceso xa avanzado pola compañía e sobre o que os responsables da Xunta aseguraron que vixiarán a legalidade do proceso a seguir. Así mesmo, tal e como explicou Ferreiro, “solicitámoslle que buscasen unha solución para as 108 persoas que se quedarán sen traballo co peche de Poligal”, plantexándose na reunión a posibilidade de buscar un inversor. Pola súa banda, Conde propuxo ao comité de empresa que forme un grupo de traballo que se encargue de especificar as cualidades da fábrica de Narón de cara á búsqueda dese posible inversor.
Marián Ferreiro incidiu na importancia de que “o plantel de Poligal non perda os seus postos de traballo cando lamentablemente a empresa xa confirmou a peor das noticias, que é a súa decisión firme de pechar as instalacións da empresa en Narón”.
“Desde o Concello de Narón continuaremos posicionados do lado do plantel de Poligal porque consideramos xustas as súas reivindicacións e tamén incidimos en que administracións supramunicipais como a Xunta de Galicia, que no seu día concederon subvencións a Poligal, a pesar de que finalmente non se materializaron por parte da empresa, deben tomar cartas no asunto e, no marco das súas competencias, defender os postos de traballo dese centenar de familias”.
“Nós continuamos á disposición dos traballadores e traballadoras e seguiremos facendo todo o que estea nas nosas mans na defensa dos seus empregos nun momento complicado na nosa comarca na área de emprego”, subliñou a alcaldesa.
Fotografía: Conchi Paz



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal