Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DE SEGUNDO CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE FORMACIÓN DE ACTORES E ACTRICES REPRESENTARÁ A OBRA "HOXE ESTAMOS AQUÍ E MAÑÁ SOMOS UNHA FOTOGRAFÍA"
ALUMNADO DE SEGUNDO CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE FORMACIÓN DE ACTORES E ACTRICES REPRESENTARÁ A OBRA
A posta en escena será o 12 de marzo nas instalación do Auditorio municipal, con entrada de balde ata completar aforo
Narón, 10 de marzo de 2019. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro martes, día 12 de marzo, unha nova proposta da Mostra de Traballo de alumnado da Escola Municipal de Formación de Actores e Actrices. Nesta ocasión será o turno de rapazas e rapaces de segundo curso e das materias de Interpretación e Música e Canto, dirixidos por Silvia Casal e Carlos Mosquera, Mos. Hoxe estamos aquí e mañá somos unha fotografía é o título da obra, que se poderá ver –con entrada de balde, ata completar aforo- a partir das 20.30 horas e que ten unha duración aproximada de trinta minutos.
As persoas que asistan como público terán a oportunidade de acompañar ao alumnado nunha viaxe polo ciclo vital dunha persoa calquera, desde o seu nacemento ata a súa morte, e contando coa música en directo de Mos. A Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón produce este espectáculo, cun elenco formado por Mari Barro, Carlos Cobelo, Beatriz Deus, Elisardo de la Cruz, Víctor Díaz, Vicky García, Silvia González, Fran Miranda, José Piñeiro e Inna Shchipkova.
A través destas Mostras de traballo escolar, desde a Escola de Teatro apóstase por facilitar ás alumnas e alumnos dos diferentes cursos experiencia escénica diante dos espectadores e espectadoras que acoden aos espectáculos. Trátase dunha finalidade que resulta imprescindible de cara á súa formación como actrices e actores e que, ao mesmo tempo, permite dar a coñecer o traballo artístico que se realiza desde a Escola de Teatro de Narón á veciñanza da cidade e tamén doutros concellos da comarca.
As Mostras de Traballo Escolar da Escola de Teatro de Narón correspondentes ao actual curso 2018/2019 iniciáronse o pasado mes de xaneiro e rematarán en maio, coincidindo co remate do curso, cando se convocarán as mostras de traballo das disciplinas de Interpretación e Creatividade Dramática.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal