Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CORTES DE TRÁFICO NA ESTRADA DA TRINCHERA E NO ACCESO Á FE-12 EN DIRECCIÓN AO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
CORTES DE TRÁFICO NA ESTRADA DA TRINCHERA E NO ACCESO Á FE-12 EN DIRECCIÓN AO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que as restricións responden a tarefas de mantemento en viais da cidade
Narón, 11 de marzo de 2019. A execución de traballos de mantemento viarios implicará varios cortes de tráfico desde hoxe e ata o mércores, día 13, na FE-11 (estrada da Trinchera) e no acceso á FE-12 desde o polígono das Lagoas, en dirección a Río do Pozo, tal e como explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo. Na xornada de hoxe o corte está operativo no vial da Trinchera, que comunica Narón con Ferrol, nos carrís en dirección Ferrol, pechando o acceso desde a avenida do Mar. A previsión é que o tráfico quede restablecido a última hora desta mesma tarde.
Na xornada de mañá martes as obras serán nos carrís en sentido cara á Avenida do Mar, pechando o acceso á FE-11 á altura da Ponte das Cabras e das rúas Mugardos e Cabanas, restablecéndose a última hora da mesma xornada, según as previsións. O mércores día 13 o corte será no carril de incorporación á FE-12, en dirección ao polígono de Río do Pozo, quedando restablecido o tráfico rodado a primeira hora da tarde do propio mércores, tal e como se prevé.
Desde o Concello solicítanse desculpas á cidadanía polas molestias que estas restricións no tráfico rodado poidan ocasionar durante o tempo que se executan os traballos de mantemento viario.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal