Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE URBANISMO REUNIRANSE CON EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A convocatoria terá lugar o 15 de marzo no Hotel Valcarce, a partir das 18.00 horas, e está aberto á asistencia dos empresarios e empresarias do citado polígono industrial
Narón, 12 de marzo de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, manterán o vindeiro xoves, día 14, unha xuntanza con empresarios do polígono de Río do Pozo. O encontro terá lugar nas instalacións do Hotel Valcarce, a partir das 18.00 horas, e está aberto á asistencia dos propietarios e propietarias de empresas asentadas no citado parque industrial da cidade. No transcurso da reunión Ferreiro e Ramos abordarán co colectivo o presente e o futuro do polígono de Río do Pozo, informándoos en primeira persoa da reunión mantida a semana pasada en Madrid con responsables da Entidad Pública Empresarial del Suelo (Sepes). Tamén se abordarán as medidas actualmente en marcha para fomentar o asentamento de empresas e a creación de postos de traballo na localidade, como a iniciativa Concellos Doing Business (impulsada pola Xunta de Galicia e a Fegamp), á que está adherido o Concello de Narón e que contempla bonificacións de entre o 50% e o 95% no IBI, ICIO e IAE aos empresarios que se asenten nos polígonos da cidade ou amplíen as súas firmas e creen novos empregos. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de plantexar calquera cuestión que consideren de interese para o citado parque empresarial, polo que desde o Concello se convida a acudir a tódolos empresarios e empresarias de Río do Pozo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal