Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POSTA EN SERVIZO DE CATRO NOVAS ÁREAS CON ALUMEADO LED AFORRARÁ PRETO DE 100.000 EUROS NA FACTURA ELÉCTRICA DO CONCELLO
O aforro correspóndese cos proxectos deseñados para Xuvia, no barrio do Alto, en Freixeiro e na rúa Camiño do Pino, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 12 de xaneiro de 2019. O Concello de Narón continúa avanzando en materia de eficiencia enerxética, executando e rematando actuacións orzamentadas no seu día nesa área. Con cargo ás actuacións para a implementación da tecnoloxía led no alumeado público as arcas locais aforrarán unha partida duns 98.500 euros anuais en gasto enerxético, tal e como sinalou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A posta en servizo do novo sistema mellorará considerablemente o alumeado en Xuvia, no Alto, en Freixeiro e no Camiño do Pino, estando actualmente executados os traballos correspondentes a esta última zona. Neste caso o consumo de Kw reducirase ao ano en 98.000, o que se traducirá nun aforro estimado, nese mesmo período, de 20.000 euros. Os traballos proxectados no barrio de Xuvia para a implementación do alumeado led comezarán a desenvolverse previsiblemente esta mesma semana, tal e como recordou a rexedora local. Neste barrio xa se realizaron actuacións nesta área, concretamente na zona do parque infantil e en dotar de puntos de luz á senda que dirixe á pasarela peonil que comunica os municipios de Narón e Neda. Esta nova actuación permite cambiar un total de 170 luminarias localizadas nunha trintena de viais deste barrio. En Xuvia o consumo anual descenderá en 144.000 Kw e a factura eléctrica nuns 15.000 euros. Así mesmo, está pendiente o inicio dos traballos proxectados no barrio do Alto do Castiñeiro e na zona de Freixeiro, donde o alumeado público de varias vías pasará a ser de tecnoloxía led. No primeiro dos casos o consumo rebaixarase en 169.000 Kw e no de Freixeiro en 131.000, o que representará un aforro estimado en 35.500 e 27.500 euros, respectivamente. Desde o goberno local destacouse que a maiores da rebaixa no consumo, co que iso supón de cara a reducir as emisións de dióxido de carbono á atmósfera e dos gastos de mantemento do servizo, tamén se continúa avanzando de cara ao cumprimento dos obxectivos marcados desde a Unión Europea para o ano 2020, reducindo nun 20% as emisións de gases de efecto invernadoiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal