Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS MONÓLOGOS "O EMPAPELADO AMARELO" E "YO NO ESTOY LOCA" PODERÁN VERSE ESTA FIN DE SEMANA NO MARCO DO FESTIVAL SINGULAR DO PADROADO DA CULTURA
As entradas para os espectáculos poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 13 de marzo de 2019. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos do Festival Internacional do monólogo teatral Singular, que este ano alcanza a súa cuarta edición. O venres día 15 será o turno da compañía galega A Quinta do cuadrante, que ás 20.30 horas no Pazo da Cultura representará a obra O Empapelado amarelo. Melania Cruz é a actriz que protagoniza este monólogo, no que se abordan os problemas actuais do papel da muller como nai e tamén se cuestiona a visión dos roles de xénero dentro do fogar. O sábado día 16 será o turno de Teatro Petra, compañía colombiana que traerá a Narón o monólogo Yo no estoy loca. A partir das 20.00 horas o público terá a oportunidade de escoitar as historias dunha muller tradicional da man de Merce Valencia. Un novo espectáculo no que se aborda o papel da muller, nesta ocasión fóra dos cánones tradicionais da sociedade e coa infidelidade como tema central. Este monólogo está baseado en feitos reais e no mesmo dase a entender ao público que a muller á que lle foron infiel está tola. O Festival Internacional do monólogo teatral Singular continuará a vindeira semana. O venres 22 será o turno da compañía madrileña Teatro El Barrio, que representará Emilia a partir das 20.30 horas. Neste espectáculo destácase a figura da recoñecida novelista galega Emilia Pardo Bazán e a súa incansable loita pola defensa do papel das mulleres na nosa historia. A protagonista deste espectáculo, Pilar Gómez, obtivo o Premio Max 2018 á mellor actriz. A seguinte proposta será o 23 de marzo, ás 20.00 horas, con Tanatorium, protagonizado por Félix Albo. Este contador de historias é xa todo un clásico dentro da programación do Padroado da Cultura de Narón e nesta ocasión chega cun monólogo protagonizado por un home que entra nun tanatorio e donde á súa chegada se vai a luz, o que dá paso ao inicio dun soliloquio no que fai un repaso por varias vidas ata chegar á súa. O último dos espectáculos desta cuarta edición do Festival Singular correrá a cargo doutra compañía galega, Mona Productora. O día 29 de marzo pechará este ciclo de monólogos no Pazo coa obra Anatomía dunha serea, que se poderá ver a partir das 20.00 horas. Iria Pinheiro protagoniza este espectáculo, centrado na violencia obstétrica durante e despois dun embarazo. As entradas para poder ver estes monólogos están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con cané xove ou de estudante.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal