Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA URXE Á XUNTA A CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO COMPROMETIDO CO PLANTEL DA EMPRESA POLIGAL
A ALCALDESA URXE Á XUNTA A CREACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO COMPROMETIDO CO PLANTEL DA EMPRESA POLIGAL
Marián Ferreiro dirixiuse novamente ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para incidir na necesidade de actuar na firme defensa dos postos de traballo do plantel de Poligal en Narón
Narón, 13 de marzo de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, dirixiuse esta mañá ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para urxir á Xunta de Galicia a creación do grupo de traballo xunto co comité de empresa e sindicatos de Poligal comprometido na xuntanza mantida o pasado día 7 de marzo en Compostela. A rexedora local, que onte participou na manifestación convocada polo plantel de Poligal xunto con outros integrantes do equipo de goberno naronés, incide na necesidade de “axilizar os trámites pendientes para, cando menos, tratar de salvar os postos de traballo desas máis de cen persoas que conforman o plantel de Poligal”. A alcaldesa asegurou tamén a importancia de que, tal e como se acordou, a Xunta vixíe polo miúdo o procedemento do concurso de acreedores presentado pola empresa do Grupo Peralada para a factoría de Narón.
Ferreiro asegurou que “é precisamente a Xunta de Galicia unha das administracións que poden exercer nestes momentos unha maior presión sobre os propietarios da empresa, que chegaron a solicitar axudas públicas para investimentos que finalmente non executou, o que a obrigou a devolvelas”. Así mesmo, subliñou que “nós, como administración local, continuamos ofrecendo tanto á Xunta como aos traballadores e traballadoras de Poligal a nosa vontade de colaborar en canto consideren oportuno en tódolos pasos que se sigan dando de cara a manter os postos de traballo cando lamentablemente o peche da fábrica de Narón é unha decisión firme, según se nos comunicou por parte dos responsables da compañía”.
Esta mesma mañá traballadores e traballadoras de Poligal desprazábanse a Santiago de Compostela para asistir a un novo pleno do Parlamento de Galicia e concentrarse ás portas do edificio “reivindicando unha vez máis o apoio e a implicación que nestes momentos precisan tanto das administracións como da cidadanía pero, ante todo, a urxencia dunha comprometida intervención da Xunta de Galicia en xeral e, en particular, do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en defensa deses postos de traballo”.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal