Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA EXPLICA AO EMPRESARIADO DE RÍO DO POZO AS ÚLTIMAS XESTIÓNS ANTE A SEPES E OS SERVIZOS DISPOÑIBLES NO CONCELLO DIRIXIDOS AO SECTOR
Marián Ferreiro valorou moi positivamente o resultado do encontro, mantido na tarde de onte e no que destacou a relevancia de impulsar este parque empresarial da cidade
Narón, 15 de marzo de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse na tarde de onte con empresarios e empresarias con parcelas no polígono industrial de Río do Pozo. A rexedora local estivo acompañada polos edís de Urbanismo e Promoción Económica, Manuel Ramos e Xosé Gómez Fandiño, respectivamente, e pola concelleira de Acción Social, Catalina García. No transcurso da xuntanza Ferreiro dirixiuse aos asistentes ao acto para explicarlles de primeira man o resultado da reunión mantida a pasada semana con responsables da Entidad Pública Empresarial del Suelo (Sepes). En canto a esta última, a rexedora local destacou a valoración positiva da xuntanza co director xeral da entidade, Alejandro Soler, e o responsable de ventas da zona norte Francisco Fernández. A alcaldesa solicitou unha rebaixa no prezo das parcelas co fin de impulsar a súa venda, e tamén se plantexou no encontro a posibilidade de que as de maior superficie se dividan para adaptarse á demanda de pequenas zonas de solo industrial. Ferreiro asegurou que os responsables da Sepes se comprometeron a valorar esas posibilidades e levalas, como é pertinente, a un Consello de administración, coincidindo ambas partes na necesidade de impulsar o polígono de Río do Pozo. Así mesmo, a rexedora local convidou aos representantes do sector a dirixirse ao Concello no caso de querer realizar calquera xestión ante a Sepes, ofrecendo a intermediación da administración local nos casos nos que sexa posible. A continuación Ferreiro recordoulles aos empresarios e empresarias a adhesión do Concello, a finais do pasado ano, á iniciativa Doing Business, da administración autonómica e a Fegamp. Coa finalidade de favorecer o asentamento de novas empresas nos polígonos industriais da cidade –Río do Pozo, A Gándara e As Lagoas- e de crear emprego, ofrécense bonificacións de entre o 50% e o 95% no IBI, ICIO e IAE, ao cumprir unha serie de requisitos e en función de dúas categorías, para a pequeña e mediana empresa e para grandes empresas, superficies comerciais e áreas de comercio mixto ou multiproduto. A maiores o Concello tamén adquiriu o compromiso de axilizar as licencias para concedelas no prazo máximo dun mes desde o momento no que estea entregada toda a documentación requerida. Incidiu na reunión a alcaldesa en tódolos servizos que os empresarios e emprendedores teñen a disposición no Concello, como o de asesoramento a persoas emprendedoras e a empresas cara ao emprego, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, e o de Intermediación Laboral, co que se xestionan ofertas de emprego que as empresas presentan no Servizo Sociocomunitario municipal. O proxecto de sinalización vial no polígono industrial de Río do Pozo, impulsado polo Concello foi outro dos temas abordados por Ferreiro. A alcaldesa recordoulles que se levará a cabo un proxecto de sinalización con tótems direccionais en cada unha das mazás do polígono e tamén con dous novos paneis informativos de benvida e planimétrico. O goberno local destinará preto de 15.000 euros a esta intervención, que se acometerá nos sectores I e II do polígono, coa intención de continuar as tarefas posteriormente nas outras dúas fases. Finalmente, despois de trasladarlle os empresarios os problemas cos que se atopan desde o peche da Cámara de Comercio de Ferrol, a alcaldesa ofreceulles aos empresarios a total disposición do Concello para, no caso de que o consideren oportuno, realizar as xestións necesarias para que non teñan que desprazarse á Coruña para realizar os trámites que antes facían na Cámara de Comercio de Ferrol. Un servizo de transporte no polígono, a posta en funcionamento dunha asociación que aglutine a todo o sector empresarial e a ampliación de funcións da Entidade de Conservación de Río do Pozo foron outros dos temas abordados na reunión e que tanto o Concello como o empresariado consideraron de gran interese e coincidiron na necesidade de traballar ao respecto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal