Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E AS EDÍS DE ENSINO E IGUALDADE ASISTIRON Á INAUGURACIÓN DA MOSTRA "SOMOS A METADE" NO IES TERRA DE TRASANCOS
Marián Ferreiro animou aos rapaces e rapazas a continuar traballando a prol da igualdade real entre homes e mulleres e para a erradicación da violencia de xénero
Narón, 15 de marzo de 2019. O instituto Terra de Trasancos acolle ata finais deste mes a exposición “Somos a metade”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Ensino, Mercedes Taibo, e Igualdade, Teresa Sabio, asistiron esta mañá, ás 11.30 horas, á inauguración desta mostra, integrada por cartelería, imaxes e pequenos vídeos nos que se abordan temas como a relevancia do papel da muller ao longo da historia e a violencia de xénero. Algo máis de 150 alumnas e alumnos de ESO do Terra de Trasancos participaron nos traballos realizados para esta exposición. Nos mesmos saliéntase o labor das mulleres en disciplinas como as artes plásticas, a literatura, a música, as ciencias… e tamén se poden ver unha serie de vídeos –de curta duración- sobre algunhas mulleres no seu entorno. A maiores, o profesorado colaborou cos estudantes no apartado reservado para a fotografía, con imaxes e mensaxes vencelladas a unha campaña contra a violencia de xénero. A alcaldesa da cidade felicitou, ao igual que as dúas edís da corporación, ao alumnado polo traballo realizado. Así mesmo, Ferreiro animou aos rapaces e rapazas a continuar traballando a prol da igualdade e contra a violencia de xénero, destacando a importancia de que as novas xeracións se impliquen activamente, como neste caso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal