Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO DO FEAL ASISTIU ÁS PRIMEIRAS SESIÓNS DO PROGRAMA MUNICIPAL "FÓRA DE XOGO"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que se trata duns obradoiros sobre prevención de ludopatía en menores que se impartirán en cinco centros de ensino da cidade e tamén nas Escolas de Familia e que culminarán cunha mesa redonda aberta á cidadanía
Narón, 26 de marzo de 2019. Alumnado do colexio do Feal asistiu esta mañá á primeira das sesións dos obradoiros Fóra de Xogo, impulsados desde o Concello de Narón e co obxetivo de contribuír a frear a ludoparía en menores e as súas consecuencias. As concellerías de Mocidade e Ensino, presididas por Natalia Hermida e Mercedes Taibo, respectivamente, impulsan este programa, no que Anabel Mosquera, pedagoga e terapeuta de adiccións imparte unha charla aos rapaces e rapazas, de aproximadamente unha hora de duración. Desde hoxe e ata o vindeiro mes de maio un total de 353 alumnos e alumnas de cinco centros de ensino da cidade asistirán aos obradoiros, que tamén se impartirán nas Escolas de Familias do Alto e A Solaina. “A media de idade dos novos xogadores é moito menor na actualidade que hai tan só uns anos, e tamén variaron as formas de xogo, polo que o problema da ludopatía é hoxe en día moi diferente con respecto a como era tradicionalmente e require tamén de novas medidas para frear este grave problema e as súas consecuencias”, explicou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro. A rexedora local incidiu en que, co fin de previr este tipo de condutas adictivas “desde o goberno local impulsamos o programa Fóra de xogo, que é unha proposta pioneira no ámbito das administracións públicas e que chegará este curso aos colexios do Feal, donde hoxe comezou, e tamén ao Jorge Juan, o Ayala, e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos”. As sesións programadas no Feal para alumnado de terceiro e cuarto de ESO –como no resto dos centros- continuarán mañá desde as 8.55 ata as 13.40 horas e retomaranse o 1 de abril no colexio Ayala, donde tamén se impartirán os días 2, 4 e 5 do citado mes; o 8 e o 10 e 11 de abril serán no IES Terra de Trasancos; o 25 de abril e o 2 de maio no colexio Jorge Juan e o 6 e o 15 de maio no IES das Telleiras. Os menores reciben información sobre a ludopatía, os hábitos de xogo de apostas, as estratexias para evitalo… nunhas sesións en horario lectivo e moi participativas, nas que interaccionan en todo momento coa profesional que imparte o obradoiro, o que se reflicte nunha participación moi activa, tal e como se constatou hoxe no colexio do Feal. Ao finalizar, o alumnado resposta a un cuestionario elaborado para a ocasión, anónimo, co fin de coñecer os seus hábitos nos dispositivos electrónicos. No que respecta ás Escolas de Familia, do programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, as sesións terán lugar mañá no Centro Cívico do Alto, de 19.00 a 21.00 horas, e o vindeiro xoves, día 28, no Centro Cívico Social da Solaina, de 9.30 a 11.30 e nese último centro o venres 29 desde as 19.00 ata as 21.00 horas. Que é a ludopatía, o perfil dos menores que xogan e sinais de alerta son algúns dos temas que se abordarán cos pais e nais dos menores. No caso das familias, tamén se avaliará o proceso, cun sondeo oral sobre esta problemática. Este programa contempla tamén un apartado dirixido á cidadanía en xeral, que consiste nunha mesa redonda, sobre “Menores e ludopatía: cando o xogo deixa de selo”, que terá lugar o 23 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas. Na mesma participarán relatores e relatoras de ludopatía en menores: Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social; Belén Montesa Lou, psicóloga e terapeuta xeral sanitaria e Anabel Mosquera González, pedagoga e terapeuta de adicións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal