Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E O CENTRO DA GALIÑA AZUL ACOLLERÁN O OBRADOIRO "A ORELLA PENDELLA"
AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E O CENTRO DA GALIÑA AZUL ACOLLERÁN O OBRADOIRO
A cita terá lugar mañá e o xoves, en función do centro, e enmárcase no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 26 de marzo de 2019. As escolas infantís municipais da Gándara, Piñeiros e A Solaina e o centro da Galiña Azul acollerán esta semana un obradoiro de xogos, ditos e cancións infantís tradicionais. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta enmarcada no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego, e que consiste no espectáculo “A Orella Pendella”, de Migallas Teatro.
As sesións –coordinadas a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello- terán lugar mañá na EIM da Gándara -17.00 horas- e de Piñeiros -18.30- e na xornada do xoves, día 28, no centro A Galiña Azul -16.30- e na EIM da Solaina -18.00-. “Trátase dunha actividade dirixida tanto aos nenos e nenas como ás súas familias, co fin de que poidan desfrutar e aprender recursos infantís en galego”, apuntou Taibo. Os xogos, ditos e cancións tradicionais e a música en directo protagonizarán estas sesións, ás que Taibo animou a asistir ás familias “para, ao tempo de desfrutar do traballo de Migallas Teatro, obter unha serie de coñecementos que poden empregar nas súas casas cos seus fillos e fillas a modo de material lúdico e pedagóxico para contribuír á súa socialización en galego, que é o obxectivo do programa Apego”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal