Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN CONVOCARÁ ESTE ANO CATORCE CURSOS DIRIXIDOS A PERSOAS DESEMPREGADAS DA CIDADE
O PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN CONVOCARÁ ESTE ANO CATORCE CURSOS DIRIXIDOS A PERSOAS DESEMPREGADAS DA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o firme compromiso do goberno local coa formación e incidiu en que con estes cursos, financiados ao cen por cento polo Concello, poderán recibir formación 217 veciñas e veciños da cidade
Narón, 27 de marzo de 2019. O Concello de Narón dispón dunha completa previsión de accións formativas para este ano, todas elas dirixidas a veciñas e veciños empadroados na cidade, desempregados e maiores de 18 anos. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, avanzou que se programaron un total de catorce cursos con financiación integramente municipal que está previsto se desenvolvan a partir do vindeiro mes de abril, e para os que se anunciará a convocatoria de prazos de inscrición a través da páxina web do Concello de Narón –www.naron.es-. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123).
Ferreiro destacou o feito de que se ofertan “para un total de 217 persoas, cunha ampla variedade de propostas encamiñadas a diferentes sectores pero moi centradas no sector naval, coa esperanza de que esa anunciada carga de traballo para os asteleiros da ría poida representar unha oportunidade laboral para as nosas veciñas e veciños”.
Entre os meses de abril e outubro está prevista a realización dos cursos de Peixería, Reposición, Caixa e atención de sección de supermercados, Limpeza hoteleira, Electricidade básica, Soldadura con electrodo TIG, Xardinería e poda, Atención ao público, liderato e venda, Xestión administrativa de PEMES, Preparación de competencias clave (con dúas edicións), Prevención de Riscos Laborais, Prevención de riscos laborais no sector naval e Medio Ambiente no sector naval, Operador carretilleiro e operador de plataforma elevadora PEMP (UNEs) e Prevención de riscos laborais: traballos en altura e traballos en espazos confinados. “En total impartiranse preto de 2.700 horas de formación exclusivamente financiadas con fondos municipais, unha formación totalmente de balde para o alumnado e que lle permitirá dispoñer dun diploma que acredite os coñecementos oportunos de determinadas materias no caso de rematar con éxito todo o programa formativo”, indicou Ferreiro.
“A maioría dos cursos, oito, teñen duascentas horas ou máis de formación, un período no que as alumnas e alumnos terán a oportunidade de adquirir coñecementos teóricos, e na maioría dos casos con prácticas en empresas”, destacou a alcaldesa. Así mesmo, ao tempo que agradeceu a colaboración desas empresas, Ferreiro subliñou que “este programa conta cunha financiación municipal ao cen por cento, o que constata o compromiso deste goberno local coa formación e, neste caso concreto, dirixida a un colectivo, o de persoas desempregadas, que poderán asistir sen ter que realizar ningún desembolso económico para acceder a esa formación co obxectivo de mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral”.
A alcaldesa indicou que, na actualidade se están levando a cabo cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) iniciados un no ano 2018 e outro que acaba de comezar, de Atención Sociosanitaria en Institucións. Con respecto ao pasado exercicio Ferreiro recordou que se ofertaron un total de trinta e catro cursos, con 423 prazas para accións formativas financiadas con fondos municipais e cofinanciadas por outras administracións a través de subvencións solicitadas polo Concello, con un total de 5.264 horas, a maioría con prácticas en empresas. Ademais, na Aula Cemit, programáronse vinte e tres cursos de mellora de competencias dixitais, e impartíronse preto de 2.000 horas, acadando a distinción, por parte da Xunta de Galicia, de Aula de Referencia pola calidade e elevada programación anual



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal