Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O TRIPARTITO APROBA O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS E LIMPEZA VIARIA DO CONCELLO
O TRIPARTITO APROBA O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS E LIMPEZA VIARIA DO CONCELLO
O pleno deu luz verde ao expediente, que contempla varias melloras no servizo de cara aos vindeiros anos, tal e como destacou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 28 de marzo de 2019. O tripartito naronés aprobou no pleno o expediente de contratación do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria do Concello e os pregos e prescricións técnicas e administrativas que rexirán o citado contrato. Na documentación do mesmo contémplase que o contrato se licitará por dez anos e un importe global, nesa década, de 30.883.150 euros, o que supón 3.088.315 euros ao ano.
O goberno local rexeitou as enmendas presentadas esta mesma mañá polo PP, rebatindo unha por unha as cuestións plantexadas. Sobre a redución do tempo establecido no contrato, de dez anos, a alcaldesa, Marián Ferreiro, recordoulle aos populares que no pleno celebrado o 3 de setembro do ano pasado aprobouse a duración do contrato deste servizo “en base a un informe de custes no que se indica a necesidade de establecer un período mínimo de dez anos para amortizar tanto o custe do servizo como as melloras que se contemplan no plego”. Entre estas últimas, están, indicou a alcaldesa, a inclusión da limpeza viaria dos polígonos de Río do Pozo, As Lagoas e A Gándara –que se realiza de xeito puntual- e tamén os incrementos salariais do novo convenio do sector, dous apartados que Ferreiro instou ao PP “a dicir claramente se prefire que non se incluísen no prego”.
Na mesma liña argumentou a rexedora local a petición do PP da adaptación do custe ao valor dos orzamentos anteriores. “Ao incluír novas prestacións no plego, con zonas novas e máis servizos, o importe non pode ser inferior”, indicou, recalcando que esa partida “obtense tras realizar o pertinente estudo previo, que ten un rigor absoluto”.
En canto á reciclaxe, Ferreiro asegurou que “desde o goberno local apóstase por incentivar á empresa a realizar campañas de reciclaxe, para que as veciñas e veciños da cidade se impliquen na separación dos residuos”. Eses 27.000 euros da cláusula por fomentar a reciclaxe que pode recibir a empresa “representarán un aforro considerablemente superior para as arcas locais, que ingresarán maiores partidas pola cantidade de plástico recollido –ao alcanzar o 10% anual establecido-, do cartón para reciclar e, polo tanto, reducindo os custes do lixo que vai á empresa Sogama”. Por último, a alcaldesa incidiu en que o sistema de carga lateral que se empregará na futura recollida “ofrece maiores garantías de seguridade para o persoal que traballa cos contenedores, evitando posibles riscos, algo que consideramos prioritario”.
Finalmente, Ferreiro subliñou que “desde setembro do ano pasado, e incluso antes, os edís do PP tiveron tempo suficiente para estudar o expediente e presentar alegacións no caso de consideralo oportuno”. Ao respecto destacou o feito de que “nos dous meses que estivo exposto ao público, de xeito extraordinario, dada a relevancia deste contrato e co fin de darlle a máxima transparencia e facilitar a aportación de achegas, non presentaron ni unha aportación”. A rexedora local foi máis alá e recordoulle ao portavoz popular que o pasado 28 de xaneiro, “indiqueille, como consta na acta da pertinente Xunta de Portavoces, que aínda rematado o prazo de exposición na páxina de transparencia municipal, podía presentar as aportacións que considerase oportunas, cousa que non fixo”. Ferreiro rematou a súa intervención asegurando que “non imos parar un proceso iniciado con tempo e gardar nun caixón durante dous meses algo que é beneficioso para os nosos veciños e veciñas e para o que o PP non fixo aportación algunha”.
Unha nova contenerización; a creación de puntos limpos de proximidade nos espazos que ocupaban os contenedores soterrados ubicados xunto á Biblioteca, e nos barrios da Gándara, A Solaina, Piñeiros e Xuvia e o incremento do número de tractores (e, polo tanto de desbroces) que traballarán na zona rural son outras das melloras contempladas. Desde o Concello valoraranse tamén medidas como o incremento dos servizos de limpeza viaria e do número de contenedores a instalar para bioresiduo, o uso de furgonetas eléctricas, e un preacordo cun centro de emprego especial ou empresas de inserción laboral de Galicia para promover o emprego de persoas discapacitadas, entre outras. “Consideramos que é un prego que mellora considerablemente as condicións do anterior, con mellores e novos servizos para as veciñas e veciños tanto da zona urbana como rural, e sobre o que se ofreceron todas as vías de diálogo e participación precisas, incluso transcurridos os prazos de exposición pública”, subliñou Ferreiro.
No apartado de mocións, dentro da orde do día o Grupo Mixto presentou unha a través de ENE solicitando a participación do Concello como segundo administrador concursal de Poligal que non saíu adiante. Desde o goberno local indicaron que o Comité de empresa non lles comunicou o seu respaldo ao documento, e a alcaldesa reiterou a dispoñibilidade do grupo de goberno para as accións que consideren oportunas a prol do plantel da empresa.
Fóra da orde do día presentáronse varias mocións, entre elas unha do tripartito naronés reclamando á Xunta a reapertura da escola de Pedroso que aprobaron todos os grupos excepto o PP. No documento ínstase á Consellería de Educación a reabrir esta escola, en defensa do ensino de proximidade, tras rexistrar seis solicitudes de praza para o vindeiro curso.
EU presentou unha moción en apoio ás reivindicacións do plantel da empresa Clece, concesionaria do servizo a domicilio do Concello de Narón que se aprobou por unimidade tras unhas modificacións. Entre elas, a instancias da alcaldesa, Marián Ferreiro, o goberno local comprometeuse a que os representantes dos traballadores se reúnan co persoal do Servizo Sociocomunitario de cara á elaboración dos plegos do novo contrato, tras comunicar a empresa que non se prorrogase o actual.
O PP presentou tamén unha moción, a favor da rexeneración marisqueira da ría de Ferrol, que non se aprobou ao non estar consensuada, como apuntaron desde o goberno local, coas confrarías de Mugardos e Fene, tan só plantexada á de Ferrol.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal