Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DUN CURSO DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS ASISTIU A UNHA CHARLA NO CONCELLO SOBRE DIXITALIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a colaboración do Concello coa empresa que imparte o curso consistiu en ofrecerlles información sobre a dixitalización das administracións públicas
Narón, 29 de marzo de 2019. Unha vintena de alumnas e alumnos dun curso de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais –Acción Formativa para Desempregados- desprazouse esta mañá ao Concello para asistir a unha xornada na que se lles explicaron as melloras e avances levados a cabo nos últimos anos no ámbito da administración pública. Persoal vencellado á área de Novas Tecnoloxías, presidida pola edil Natalia Hermida, informou aos asistentes sobre a dixitalización en canto aos trámites administrativos e as novidades en materia de Participación Cidadá. Durante aproximadamente dúas horas, o alumnado tivo a oportunidade de comprobar os cambios que se implantaron na administración nos últimos anos para, a continuación, desprazarse ás instalacións da Biblioteca, donde tamén recibiron información sobre o método de traballo que se leva a cabo desde a Rede Bibliotecaria Municipal. Tanto a charla como a visita realizadas esta mañá forman parte da colaboración prestada polo Concello á empresa que imparte o curso, co fin de explicarlles aos asistentes en primeira persoa nocións básicas sobre a dixitalización das administracións e as súas vantaxes, tal e como explicou a edil Natalia Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal