Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA INSTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A CONCERTAR A REUNIÓN SOLICITADA HAI CASE CINCO MESES
Marián Ferreiro lamenta a desidia da administración autonómica por demorar unha xuntanza para abordar temas de interese para os centros educativos e as familias da cidade
Narón, 29 de marzo de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, remitiu esta mañá un novo escrito, o terceiro nos últimos catro meses, á Consellería de Educación, urxindo que se concrete canto antes unha data para manter a reunión solicitada o pasado 9 de novembro coa resposable da área, Carmen Pomar. “Pasaron xa case cinco meses desde que, tralos cambios á fronte dalgunhas consellerías, solicitamos unha entrevista coa actual conselleira de Educación, sen que polo momento se nos fixase unha data para abordar diferentes temas de interese en materia educativa na nosa cidade”, denunciou Ferreiro. O 25 de xaneiro a alcaldesa remitiu outra comunicación á Xunta reiterando a necesidade de fixar esa xuntanza e o 26 de marzo indicaron que se concertaba unha reunión co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, que xa lle indicou nunha anterior xuntanza ao Concello que os temas plantexados tiñan que abordarse coa conselleira. “É unha lástima que a pesares de que nos aseguraron que estarían encantados de axendar o encontro o pasado mes de novembro a día de hoxe a Consellería non escoite as necesidades en materia educativa da oitava cidade de Galicia, dilatando case cinco meses unha reunión da que dependen asuntos relacionados cos centros educativos da cidade e que afectan, polo tanto, ás nosas veciñas e veciños”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa dirixiuse novamente hoxe á Consellería de Educación urxindo unha data para celebrar esa necesaria reunión de traballo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal