Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR POLIGAL EN FERROL PARA REIVINDICAR A CONTINUIDADE DA ACTIVIDADE DA EMPRESA NA CIDADE
Trala concentración ante o edificio administrativo da Xunta, Marián Ferreiro recordoulle ao comité de empresa a total dispoñibilidade do Concello para levar a cabo as accións oportunas na defensa das súas reivindicacións
Narón, 29 de marzo de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e representantes do goberno local da cidade, asistiron esta mañá á manifestación convocada polo comité de empresa de Poligal e que partiu pasadas as 12.30 horas do Concello de Ferrol cara ao edificio administrativo da Xunta, na Praza de España. Na marcha os traballadores e traballadoras da planta de Narón estiveron acompañados, ademais de por representantes políticos, por persoal de Navantia e tamén por veciños e veciñas de ambas cidades. Unha vez rematada a marcha e a posterior concentración, a alcaldesa de Narón conversou co presidente do comité de empresa de Poligal, Rafael Souto, e con outros representantes sindicais, para reiteralles a disposición do Concello a realizar e participar en cantas accións estimen oportunas na defensa dos postos de traballo do plantel da empresa en Narón. “Continuaremos facendo todo o que estea nas nosas mans para tratar de revertir a decisión do Grupo Peralada de pechar esta empresa da cidade, porque consideramos que se trata dunha deslocalización, tal e como denuncia o plantel, e que hai que estudar todas as opcións posibles e valoralas para evitar o fin da actividade de Poligal en Narón e, polo tanto, o despedimento desas 108 persoas que traballan na fábrica da Gándara”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal