Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NA KDD MOCIDADE NARÓN 2019
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NA KDD MOCIDADE NARÓN 2019
A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, explicou que esta proposta, dirixida a mozos e mozas de entre 13 e 18 anos de Narón, desenvolverase do 15 ao 20 de abril na cidade
Narón, 30 de marzo de 2019. A primeira edición da KDD Mocidade Narón 2019 celebrarase na cidade do 15 ao 20 de abril, coincidindo coa festividade da Semana Santa. Así o anunciou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, que explicou que se trata dunha proposta destinada ás rapazas e rapaces de Narón de entre 13 e 18 anos. “O programa da KDD Mocidade Narón desenvoverase maioritariamente nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara, incluíndo actividades formativas e lúdicas, pero tamén deportivas e algunha visita cultural”, indicou a edil. O prazo de inscrición nesta convocatoria abrirase o vindeiro luns, día 1 de abril, e rematará o día 9 do mesmo mes, debendo as persoas interesadas tramitar as inscricións a través do Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30.
Nos seis días da KDD Mocidade Narón os participantes terán a oportunidade de realizar un obradoiro de drons terrestres, no que tamén aprenderán a controlar coches teledirixidos a través da tecnoloxía FPV e outros sobre impresión 3D e Igualdade, neste último caso, tal e como apuntou a edil, abordando a temática da publicidade nas redes sociais dende unha perspectiva de xénero. “As novas tecnoloxías e as redes sociais son dous temas que hoxe en día espertan un gran interese entre os mozos e mozas, polo que consideramos que esta KDD era unha moi boa oportunidade para tratar de ofrecerlles máis información sobre estas áreas”, asegurou Hermida.
A concelleira de Mocidade incidiu en que “a cultura, o patrimonio e o deporte forman tamén parte das propostas deseñadas para a KDD Mocidade Narón 2019, na que se inclúe unha visita cultural ao municipio de Mugardos, concretamente ao Museo do Caldoval, un percorrido pola senda A Palma-Segaño, e tamén unha ruta de sendeirismo arredor da ría, polos concellos de Neda, Narón (zona de Xuvia) e un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade”. Estas propostas “completaranse con dinámicas de grupo e actividades deportivas, todas elas cun equipo de persoal que dirixirá aos participantes”, apuntou a edil naronesa.
Un mural realizado coa técnica do graffite na Casa da Mocidade e unha acción informativa e preventiva sobre os xogos de azar e as novas tecnoloxías completan o programa da KDD Mocidade Narón 2019.
“Desde o Concello animamos aos mozos e mozas aos que dirixe esta proposta a inscribirse, xa que se trata dun programa de balde e que ofrece unha gran variedade de actividades coas que os participantes terán a oportunidade de desfrutar aprendendo e compartindo experiencias e coñecementos entre eles aproveitando uns días de descanso no calendario escolar”, subliñou Natalia Hermida.
Para máis información pódense consultar as páxinas web: www.naron.es e www.dameuntoke.es ou chamar, de luns a venres (de 8.30 a 13.30) á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ao teléfono 981 337 700 (extensión 1103).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal