Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA UNHA CHARLA COLOQUIO SOBRE "MASONERÍA E REPRESIÓN FRANQUISTA"
A convocatoria, aberta á cidadanía en xeral, terá lugar o 4 de abril no Café Teatro do Pazo da Cultura, tal e como avanzou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 1 de abril de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro xoves, día 4, unha charla-coloquio sobre Masonería e represión franquista, organizada polo Concello –a través do Padroado da Cultura-, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, indicou que a cita será a partir das 19.30 horas e estará aberta á asistencia do público en xeral. Os historiadores Javier Quintas e Carlos Pereira abordarán desde diferentes puntos de vista a represión deste colectivo. Quintas centrará a súa intervención na explicación de que é a masonería e os motivos da súa persecución en determinadas etapas históricas, mentres que Pereira encargarase de pechar o acto cunha aproximación á represión dos masóns en Galicia, centrándose de xeito especial na provincia da Coruña. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños interesados nesta temática a acudir á charla-coloquio, na que terán a oportunidade de coñecer máis polo miúdo, da man de dous recoñecidos historiadores, a represión da masonería, e participar no coloquio final.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal