Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A REDE BIBLIOTECARIA MUNICIPAL CELEBRARÁ VARIAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO "MES DO LIBRO"
A REDE BIBLIOTECARIA MUNICIPAL CELEBRARÁ VARIAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO
A Biblioteca municipal e as axencias de lectura da Gándara e A Solaina acollerán o programa de actividades, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 1 de abril de 2019. A Biblioteca Municipal do Alto e as Axencias de Lectura da Gándara e A Solaina acollerán este mes numerosas actividades con motivo do Mes do Libro. Tanto os rapaces e rapazas como as persoas adultas son os destinatarios destas propostas, que darán comezo o 6 de abril e rematarán o día 30 do mesmo mes, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que animou á cidadanía a participar nas mesmas. A primeira cita, o día 6, será a partir das 11.00 horas na Biblioteca Municipal, donde terá lugar o obradoiro E ti que representas? dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos. As emocións centrarán esta proposta, para a que a participación require inscrición previa, que se poderá realizar a partir de mañá ás 16.00 horas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura da Biblioteca.
Do luns día 8 ao sábado 13 terá lugar Trocolibro, unha iniciativa que xa se levou a cabo anteriormente na Biblioteca e que permite intercambiar libros. Na planta baixa instalarase unha mesa na que as persoas que o desexen poderán levar algún dos libros que se colocarán na mesma, podendo deixar outro a cambio se así o desexan. Poderase doar ou levar un máximo dun libro por persoa, tal e como indicou Taibo.
A Feira-mostra do libro usado e de segunda man alcanzará este mes a súa sétima edición. Do 22 ao 26, entre as 17.00 e as 20.00 horas na planta baixa da sala de adultos da Biblioteca Municipal ofrecerase a posibilidade de instalar un máximo de dez postos de venda e intercambio de libros. Os postos outorgaranse por orde de solicitude no Rexistro xeral do Concello, podendo realizar xa o trámite.
Así mesmo, na Biblioteca o día 24 de abril ás 18.30 horas terá lugar un Obradoiro de decoración de mochilas e bolsas dirixido a persoas maiores de 16 anos e o sábado día 27, ás 11.00 horas un Obradoiro creativo para nenos e nenas a partir de 4 anos. Autores/as con pegada é o título desta última proposta, na que os menores celebrarán o Día Internacional do Libro converténdose en autores e autoras dos seus propios álbumes ilustrados, empregando para iso a técnica da dactilografía. As inscricións serán a partir do luns 22 de abril na Biblioteca.
Na Axencia da Lectura da Gándara poderase ver do 8 ao 17 de abril –entre as 17.00 e as 19.00 horas- unha exposición bibliográfica: A ciencia en feminino, con biografías de mulleres científicas, e o mércores día 10 –ás 18.00- impartirase o obradoiro Enciclopedia mecánica. Arantxa Serantes, a autora do libro O valor das ideas: a precursora do libro electrónico, pequena biografía de Ángela Ruiz Robles, será a encargada de impartir este obradoiro, para nenas e nenos de 6 a 12 anos e con apertura do prazo de inscrición o 4 de abril. Por último, na Axencia da Lectura da Gándara instalarase do 22 ao 26 de abril un photocall con diferentes elementos para que os usuarios e usuarias que o desexen poidan fotografiarse co seu libro favorito.
As actividades programadas desde a área de Bibliotecas chegarán tamén este mes á Ludoteca e Axencia da Lectura da Solaina, donde os días 22 e 23 de abril –de 18.00 a 19.00 horas- haberá un obradoiro de elaboración de marcapáxinas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos (en dúas quendas según a idade). Na xornada do 24 de abril –de 16.00 a 17.00- haberá unha sesión de contacontos para menores de 3 a 12 anos e o día 25, nese mesmo horario, un obradoiro de minilibros e de cadernos de notas para menores de 7 a 12 anos. Por último, as instalacións da Solaina acollerán o luns 29 e o martes 30 un obradoiro de pin en forma de libro, tamén para nenos e nenas de 3 a 12 anos (en dúas quendas según a idade).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal