Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DO COLEXIO DE PIÑEIROS REUNIUSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS E VISIONOU O VÍDEO EDUCATIVO
ALUMNADO DO COLEXIO DE PIÑEIROS REUNIUSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS E VISIONOU O VÍDEO EDUCATIVO
O vídeo proxectado ten entre os seus obxectivos dar a coñecer a historia da cidade e o funcionamento da administración local, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 2 de abril de 2019. Unha vintena de escolares de sexto curso de educación Primaria do colexio de Piñeiros visitaron esta mañá o Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiunos no salón de plenos e respostou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas co día a día á fronte da administración local, proxectos para a cidade e conciliación da vida laboral e familiar. Ferreiro agradeceu a visita aos rapaces e rapazas, que recibiron tamén un agasallo en recordo do seu paso polo Consistorio.
Na convocatoria desta mañá os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver Coñece Narón, un vídeo educativo para explicar o Concello dun xeito lúdico. Este recurso educativo ten entre os seus obxectivos, tal e como indicou Ferreiro, "conseguir que o alumnado de sexto curso de Primaria se interese pola historia da cidade e o funcionamento da administración local". O vídeo relata a través dunha pequena historia a identidade de Narón como concello de terra e mar, describíndose tamén no mesmo a simboloxía do municipio. Ao final preséntase a vida política municipal e o seu funcionamento e tamén se fai un pequeno percorrido pola vida de persoas que traballan no Concello (políticos e técnicos).
"A partir de hoxe, a través do programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, concretamente no marco das visitas escolares ao edificio do Concello, contamos con este novo vídeo, adaptado ás idades do alumnado de sexto curso de Primaria e que reforza o traballo pedagóxico que desde hai anos realiza o Concello coa comunidade educativa da cidade", destacou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal