Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL "E TI, QUE REPRESENTAS"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL
A Biblioteca municipal acollerá esta proposta dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos, o vindeiro sábado, día 6, a partir das 11.00 horas
Narón, 2 de abril de 2019. As nenas e nenos a partir de catro anos que queiran asistir o vindeiro sábado, día 6, a unha proposta de xogos teatrais que terá lugar na Biblioteca municipal poden anotarse dendee esta tarde, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. E ti, que representas? é o título desta actividade, enmarcada no programa de conmemoración do Día internacional do libro, que inclúe varias actividades na Biblioteca municipal e nas Axencias de lectura da Solaina e A Gándara.
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que esta actividade, que dará comezo ás 11.00 horas, axudará aos nenos e nenas a expresar as súas emocións dun xeito divertido. Terán a oportunidade de representar diferentes escenarios utilizando o xogo e tamén varios obxectos, co que a maiores se fomentará o traballo en equipo.
Taibo animou ás familias a inscribir aos nenos e nenas aos que se dirixe esta actividade e recordou que para poder participar é preciso que teñan o carné da Rede de Bibliotecas e ningunha sanción pendente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal