Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E O CFR DE FERROL ORGANIZAN UNHA VISITA DE COLEXIOS EUROPEOS PARA DAR A COÑECER O PROXECTO "ON YOUR BIKE"
O CONCELLO E O CFR DE FERROL ORGANIZAN UNHA VISITA DE COLEXIOS EUROPEOS PARA DAR A COÑECER O PROXECTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que unas oitenta persoas, entre estudantes e profesorado de Noruega, Finlandia, Gales Turquía e Portugal estarán a vindeira semana na cidade con alumnado y docentes de los CEIP Ponte de Xuvia, A Solaina y Virxe do Mar
Narón, 2 de abril de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, e representantes do equipo de Educación Viaria de Narón reuníronse no Concello con Manuel Losada Cabana e María del Carmen Pérez Rico, director e asesora de linguas estranxeiras, respectivamente, do Centro de Formación de Recursos (CFR) de Ferrol, dependente da Consellería de Educación. A través do CFR de Ferrol o Concello de Narón participa no proxecto europeo On your bike! Trátase dunha iniciativa impulsada polo Consistorio de Cardiff (Gales) e coordinada polo CFR de Ferrol na que ademais do Consistorio –co equipo de Educación Viaria- se implicaron o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia, o CEIP da Solaina e o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar. Este proxecto reunirá a vindeira semana na cidade a unhas oitenta persoas (estudantes e profesorado) procedentes de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía, e Portugal.
En coordinación co CFR de Ferrol e outras entidades de Portugal, Turquía, Finlandia e Noruega, desenvolveranse durante unha semana varias actividades que comezarán o luns 8 de abril cunha recepción no salón de plenos aos escolares e docentes europeos e que presidirá a alcaldesa, Marián Ferreiro. Ese mesmo día, tal e como explicaron os organizadores, o colectivo participará en actividades programadas na Biblioteca Municipal, e en sesións de xogos populares na Praza de Galicia.
Na xornada do martes día 9 programouse unha visita ao CEIP da Solaina, donde os estudantes e docentes europeos coñecerán o centro e asistirán a un obradoiro de chapas, tendo tamén a oportunidade de percorrer os “corredores activos”. O martes haberá unha novidosa sesión de robótica e un obradoiro de bicicletas, nos que aprenderán a realizar reparacións básicas en colaboración co clube ciclista local Clásicos BikeWorks.
A actividade programada continuará o mércores coa celebración da primeira edición do Congreso Internacional On your Bike!, que terá lugar a partir das 10.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e donde os rapaces e rapazas dos centros locais e do resto de colexios participantes verán vídeos relacionados coa educación viaria dos seus respectivos países. O obxectivo é compartir experiencias sobre o traballo que se está realizando nesta materia.
O xoves día 11 a visita será ao CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia, cunha convocatoria na que se amosarán diferentes culturas (en canto á vestimenta e comidas típicas de cada país) e cun percorrido en bicicleta do alumnado que participa no proxecto On your Bike! polo paseo de Xuvia e Neda, ata o estanque das mareas desta última localidade.
A programación rematará o venres coa visita ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, donde os participantes realizarán unha xincana de habilidade coa bicicleta (en grupos) e colaborarán no deseño dun pequeño circuíto de educación viaria no interior do centro educativo.
O director do CFR de Ferrol explicou que se trata de “aportar cada un os seus coñecementos na materia e o traballo que se está realizando nos diferentes países, ofrecendo unha visión global”. Así mesmo, Losada asegurou que “centrarémonos na importancia de adquirir hábitos saudables e tamén coñecer sistemas educativos doutros países para poder enriquecernos todos a través destes coñecementos”. Os centros, tal e como indicou, realizarán unidades didácticas e tamén unha guía de boas prácticas, o que lles permitirá “presumir do seu concello”, destacando o labor que desenvolve ao respecto o Concello de Narón.
Esta iniciativa forma parte do proxecto Erasmus K2, que recibe fondos da Unión Europea. Sobre a participación na mesma, a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, amosou a súa satisfacción “pola oportunidade que representa para os centros educativos da cidade que participan neste proxecto transversal e multidisciplinar, no que poderemos dar a coñecer ao resto de países participantes programas tan exitosos como os Camiños Escolares Seguros, para fomentar o uso da bicicleta de camiño ao colexio, os Circuítos de Educación Viaria, o Bica e Arrinca e outras firmes apostas deste Concello en materia de educación e seguridade viaria”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal