Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRIMEIRA EDICIÓN DO FORO EMPRESA CIDADE DE NARÓN
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRIMEIRA EDICIÓN DO FORO EMPRESA CIDADE DE NARÓN
As persoas interesadas en asistir á cita, que será o día 11 de abril, poden anotarse previamente a través da web do Foro ou o mesmo día do evento no Pazo da Cultura
Narón, 3 de abril de 2019. O Concello colabora con numerosas empresas na primeira edición do Foro Empresa Cidade de Narón. Unha cita que o vindeiro 11 de abril reunirá no Pazo da Cultura a recoñecidos profesionais do sector e que se dirixe a empresarios, emprendedores, Pemes, Micropemes e alumnado de Formación Profesional Dual. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, presentaron o evento acompañados por Patricia Vilar, Santiago Galego, Rodrigo García e Jose Antonio Blanco, coorganizadores do evento. A cita desenvolverase en horario de mañá e tarde –desde as 9.15 horas ata as 19.30- e a entrada é de balde. Desde a organización animan ás persoas interesadas a inscribirse a través da páxina web: https://foroempresanaron.es/empresa-ciudad-de-naron/, donde se pode consultar a información desta convocatoria, se ben tamén poderán acudir facilitando os seus datos o propio día do evento á entrada do Pazo.
Coaching, transformación dixital, interim manager, institucións e mercado, mediación e emprendemento son as áreas que se abordarán neste Foro, que presentará e dirixirá Eloy Gesto, trainer de comunicación e director da Escola Inventa. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro será a encargada de inaugurar este acto, sobre as 9.30 horas do vindeiro xoves, para a continuación comezar a intervención de Rodrigo García, coorganizador do evento. García destacará as liñas básicas do Foro Empresa Cidade de Narón, que ten entre os seus obxectivos apostar pola dinamización do sector empresarial na zona, informar sobre a coordinación e colaboración entre asociacións e o Concello e achegar aos interesados as ferramentas que empregan as grandes multinacionais coas pequeñas empresas.
Tamén durante a mañá intervirá Luca Lazzarini, licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Padova e actualmente responsable de formación e comunicación comercial en España do grupo Mediolanum, o cuarto grupo bancario máis importante de Italia. Lazzarini falará en Narón sobre “Razóns para o optimismo”, sobre futuro, innovación tecnolóxica e progreso. Trala súa intervención a abogada Patricia Vilar e Emiliano Carretero, catedrático da Universidade Carlos III e especialista en mediación, falarán sobre “Mediación organizacional e coas administracións públicas”, para pechar a primeira parte da mañá a intervención de José Luis Portela, CEO e conselleiro delegado de varias empresas que tratará o tema de “Interim Manager” dende unha perspectiva práctica e docente.
Tras unha pausa e as conclusións iniciais, das que se encargará Eloy Gesto, sobre as 12.00 horas haberá unha tertulia na que participarán a escritora Belén Varela e a coach e psicóloga Alejandra Mosteiro. O tema da ciberseguridade concretamente a “In-seguridade 2.0” centrará a ponencia de Rafael Villaverde, emprendedor e empresario do sector tecnolóxico. Tamén en horario de mañá, sobre as 13.00 horas, Daniel Cerqueiro, licenciado e doutorado en Ciencias Físicas, realizará unha introducción da auditoría web que, en directo, realizará xunto con Manuel Pan, director de Phottic.
Tras unha pausa para a comida retomarase o programa, sobre as 16.00 horas, cunha mesa sobre “Interim Manager” que presentará Mayte Torres, diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, e na que falarán Aurelio Louro, enxeñeiro de Telecomunicacións; Esther Vázquez, integrante das asociacións Interim Management España e Galicia e Belén Varela, que falará sobre mindfullness (felicidade no traballo e coaching). Haberá tamén ás 16.25 horas unha mesa institucional na que participarán representantes do IGAPE, da Deputación da Coruña e do Concello de Narón e ás 17.00 unha intervención de David Conde, ADE pola Universidad Oberta de Cataluña, que falará sobre “A influencia dos algoritmos na vida”.
Unha mesa sobre “Coaching na empresa” coa coach Alejandra Mosteiro e un cliente que abordarán un caso práctico e a realización do “xogo do emprendedor” de Manuel Dafonte, diplomado en Alta Dirección polo Instituto Empresa e MBA pola Escola de Negocios da UDC, no que participarán varios empresarios que xa confirmaron a súa asistencia, darán paso ao peche do programa, no que intervirá o edil de Promoción Económica de Narón, Xosé Gómez Fandiño.
Tanto os coorganizadores como os representantes do goberno local convidaron á cidadanía a asistir a esta convocatoria, na que, tal e como asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “os asistentes terán a oportunidade de recibir, da man de profesionais, información de diversas áreas vencelladas ao sector empresarial, cunha parte teórica pero tamén con casos e experiencias reais para achegar a realidade do mundo empresarial a tódolos participantes neste Foro de Empresa Cidade de Narón”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal