Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁ MAÑÁ NO PAZO A OBRA "MENTRES AGARDO A MORTE"
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN REPRESENTARÁ MAÑÁ NO PAZO A OBRA
A representación, a cargo de dez alumnas e alumnos de terceiro curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón, dará comezo ás 20.30 horas
Narón, 3 de abril de 2019. Alumnas e alumnos de terceiro curso da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón subiranse mañá ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra Mentres agardo a morte. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que se trata dun espectáculo no que se combinan o teatro e a danza e no que se realiza unha reflexión sobre a morte e todo o que a rodea. “O humor e o drama están moi presentes nesta peza, dirixida pola actriz Celia González e a bailarina e coreógrafa Cristina Montero e con Flor Maceiras como responsable de produción”, apuntou a edil. A cita será a partir das 20.30 e as entradas, que poden adquirirse na billeteira do Pazo, teñen un prezo de dous euros.
As escenas con coreografías e os textos deste espectáculo, dirixido a persoas maiores de 14 anos, construíronse a través das conversas mantidas entre o profesorado e o alumnado sobre os pensamentos que a morte suscita nas persoas. Ese compendio de ideas deu paso a este traballo, no que actúan dez persoas de diversas idades: José Antonio Blanco, Marcela Ceballos, Margarita García, Marco Antonio García, Alberto Gundín, Antonio Jesús López, Sonnia Marín, José Manuel Tenreiro, María Prado e Roberto Vázquez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal